Skip to Content

Animación á lectura

CONTO: GAIA

O proxecto Gaia, impulsado este ano dende a biblioteca, xorde dun conto que pretende crear no noso alumnado unha verdadeira “conciencia ecolóxica activa”. Esperamos que lle saquedes partido.

 

 

Conto: GAIA

 

 

DOAZÓN

Chegounos unha importante doazón de libros, por parte dunha mestra que impartiu docencia no noso centro. Aquí  tedes unha pequena mostra... temos moitos máis...

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Co gallo da conmemoración do 24 de outubre, DÍA DAS BIBLIOTECAS, proxectarase na biblioteca un vídeo de animación á lectura dando por inaugurado o noso novo cañón.

MOCHILAS VIAXEIRAS

Comezan a viaxar as mochilas para que en colaboración coas familias se fomente o hábito da lectura.

 

 

 

DIA DO USUARIO/A DAS BIBLIOTECAS

O 11 de XANEIRO celebramos o DÍA DOS USUARIOS E USUARIAS  DAS BIBLIOTECAS. 

Durante esta semana temos programadas visitas á biblioteca do centro para todos os cursos onde explicaremos o seu funcionamento e curiosidades sobre o tema.

Aquí tedes algúns motivos polos que recomendamos asistir ás bibliotecas:

1. Fonte de información e coñecemento.

2. Lugar de lecer, creación, encontro e aprendizaxe.

3. Podemos dar renda solta a nosa imaxinación e ideas.

 

"En Exipto as bibliotecas eran chamadas `o tesouro da alma´. Nelas sanábase da ignorancia, a máis perigosa das enfermidades e a orixe de todas as demais".

Jacques-Bénigne Bossuet

Seguimos co Plan Lector , 6º curso

Si : o Plan Lector no cole de Paradai segue malia o Covid ,porque

nada pode parar as nosas ansias de ler (cumprindo sempre as

medidas de seguridade ,claro ! )

Así que moi concentrados ,e entusiamados aínda que non se

aprecie,os maiores do Centro disfrutan das lecturas que lles ofertou

o Equipo de Biblioteca.

   

31 de Outubro - Ricardo Carvalho

Debido a situación sanitaria vivida en maio propúxose como data para homenaxear a Ricardo Carvalho o 31 de OUTUBRO coincidindo co 110 aniversario, do seu nacemento.

E dende o Equipo de Dinamizaciòn Lingüística do CEIP PARADAI quixemos achegarvos à figura do homenaxeado deste ano por medio deste video.

 

 

E despois de ver o vídeo, anímaste a facer diferentes actividades?

Pulsa na imaxe seguinte e levarate a moitas actividades divertidas da nosa aula virtual ( acórdate de acceder co teu  usario e contrasinal)

 

CELEBRANDO O SAMAÍN

Os profes de prácticas do cole colaboran na festividade do Samaín facendo de actores e actrices.

NOVIDADES

Temos nova colección que vos vai gustar e algunha novidade que nos chegou a través dunha donación desinteresada de profes.

BIBLIOTECA COVID

Este curso, os libros viaxan ás aulas.

El lagarto está llorando

Hoxe temos á fantástica Beatriz Montero, que nos le un poema de Federico García Lorca chamado 'El lagarto está llorando'. 

Esperamos que vos guste!

Rematamos a SEMANA DO LIBRO

Para rematar coa SEMANA DO LIBRO presentamos:

Aprendices visuales: unha web que aporta contos con pictogramas de balde.

 

Lo que leo en casa: a editorial Santillana trae contos para viaxar a lugares extraordinarios.

 

Esperamos que disfrutedes destes contos!

Distribuir contido


by Dr. Radut