Skip to Content

Animación á lectura

Un Quiz moi científico

Desde a Biblioteca pensamos en contribuír ao día da Ciencia facendo un Quiz coas mulleres científicas  que tanto aportaron a este campo e que sen embargo estiveron sempre nun segundo plano.

 Mulleres que siguen hoxe en día coa súa actividade profesional e outras de séculos anteriores,pero todas con traxectorias  sorprendentes

                            Àngela Ruiz Robles ,nada no 1895

                          Peregrina Quintela , do ano 1960

Cada día da semana se subía unha pista ...

 

Os máis maiores xa ían el@s sós, recopilando a información que necesitaban nos diferentes paneis explicativos dispostos nos corredores,anotando...

...mentres os máis cativ@s escoitaban as explicacións das titoras e tamén se aventuraban a sacar as súas propias conclusións,claro !

 

Adoramos esta actividade,agardamos máis !

Literatura con Marica Campo

Queremos recomendarvos un libro dunha autora luguesa,Marica Campo,a quen tivemos a sorte de recibir no cole para charlar sobre  "Unha misión para Clara", que previamente leramos na aula.Gostamos moito !

i

Como trata moitos temas e de moita actualidade,como o dos eucaliptos ,e mestura fantasía e realidade,quixemos saber en que se inspirara á hora de escribilo  e fixemos bastantes preguntas.Ela contestaba encantada !

Foi unha actividade que aproveitamos moi ben e da que nos pareceu que debería haber máis .Moitas grazas a Marica Campo por vir ao noso Centro e tamén por escribir para nen@s !

Gañadores do 1º TRIMESTRE do RETO LECTOR

E os gañadores neste primeiro trimestre, do emocionante reto lector que temos en marcha en primaria no noso centro, son:

 

Os alumnos e alumnas de 2ºA!!!

Moitas felicidades e a seguir lendo!!!

Traballamos contra a Violencia de Xénero

Do 19 ao 23 de novembro no centro, celebramos de diferentes maneiras o DÍA CONTRA A VILOENCIA DE XÉNERO.

Unha delas, foi compartir na hora de lecer dos alumnos e alumnas a "MOCHILA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO" cunha coidadosa selección de títulos, propios do centro, da NODAL e prestados polas profesoras do centro.

Aquí algúns títulos da mochila:

En todas as aulas contouse o conto de ARTURO Y CLEMENTINA.

E unha mestra do centro debuxou uns preciosos posters sobre o tema, e os máis pequenos decorárono, e quedaron así de bonitos:

 

 

O ALUMNADO DE 5 ANOS CONTA UN CONTO

Ola a todos!

O 8 de novembro deste ano os nenos e nenas de 6º de infantil fomos a contarlles o conto "A estreliña de mar" aos pequerrechos da gardería de San Fiz.

Este conto xa o inventáramos no curso pasado, ca axuda dunha profe que estivo a facer as prácticas na nosa aula. E como quedara tan bonitiño o traballo, non sí? (caixas de zapatos pintadas e decoradas con debuxos de animais do mar), aproveitamos que a nosa profe non tirara as caixas (nosa nai, onde as gardaría?!) e alá fumos.

Pasámolo moi ben, e eles cremos que tamén.

 Despois, como agasallo, cantamos a canción de "Corre corre, cabaciña".

  E estos son alguns pequerrechos que disfrutaron da función. Sonche ben cuquiños.

 

 

Proxecto: curiosidades dos animais

Neste curso 2019/2019 traballaremos en todo o centro, un proxecto en común: CURIOSIDADES DOS ANIMAIS.

Cada curso investigará un tema diferente:

  • En EDUCACIÓN INFANTIL os peixes.
  • Primeiro curso: as aves.
  • Segundo curso: os insectos.
  • Terceiro curso: os mamíferos.
  • Cuarto curso: anfibios e réptiles.
  • Quinto curso: extinguidos.
  • Sexto curso: marinos (non peixes nin mamíferos).

 

Ao longo do primeiro trimestre, dedicarémolo a investigar, para iso, a nosa biblioteca preparouse cunha selección de libros coidadosamente elixidos para cada tema a tratar: 

 


 

Tamén se ambientou cunha pequena selva:

o Polo Norte:


O deserto:

Ata temos quenllas e tartarugas no noso mar!


Cada clase ten a súa pequena selección para traballar:

 

 

 

Celebración do MAGOSTO

O pasado venres 2 de novembro no colexio celebramos o magosto dunha forma especial.

A biblioteca vestiuse para a ocasión, para recibir diferentes contacontos:

Os nenos e nenas de EDUCACIÓN INFANTIL representaron CORRE CORRE, CABACIÑA aos cursos de 1º e 2º de PRIMARIA:


 Os participantes da obra: 

 

Fixérono moi ben!

Velaquí algunhas fotos, entre bastidores, dos protagonistas do conto:

 

Os alumnos de de 5º e 6º leron A BESTA DA COVA:

 

E por último, os alumnos e alumnas e 2º, 3º e 4º representaron para E. INFANTIL o título A FIGUEIRA DOS  PELOSTORTOS:

 

 Despois do tempo de lecer, todos xuntos celebramos o magosto:

 

Reto lector

 

Neste curso 2018-2019 comezamos con moita ilusión o noso PRIMEIRO RETO LECTOR!!!

Adxuntamos as instrucións do reto nos documentos adxuntos.

ÁNIMO E A LEEEER!!

 

Día das Letras Galegas.

O 16 de maio celebramos no centro o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, este ano adicado a María Victoria Moreno.

Comezamos cun recital dos alumnos de 3º sobre a autora:

 

 


E como sorpresa, descubrimos que o noso orientador Francisco Prado, foi alumno de María Victoria Moreno, a quen se lle addica este ano o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

A continuación, disfrutamos dunha obra de teatro titulada "CLÍNICA: TODO É UN CONTO", dos alumnos e alumnas de 6º.

 

A sorpresa para os rapaces, foi que ... tiñamos a actuación do MAGO DEIMI!!!

 

Aquí uns poucos voluntarios:

E como remate final do día de celebracións, tivemos contancontos simultáneos, que eran dos propios pais e nais dos nosos alumnos,  en diferentes instalacións do centro:

- No patio azul, os alumnos de infantil:

 

- Na biblioteca, os nenos de 1º e 2º:

 - Os alumnos/as de 3º e 4º , na aula de música:

 - Os alumnos de 5º e 6º na sala de multiusos:

 

 

Visita dunha contacontos ós nenos e nenas de Ed. Infantil

Érase que se era unha contacontos (por cortesía da editorial Edelvives) que veu visitar os nenos e nenas de educación infantil do CEIP Paradai, para contarnos contos marabillosos…De feito, viña vestida como unha princesa das Mil e Unha Noites, e tiña enriba dunha mesa obxectos que parecían máxicos e dos que saían sons engaiolantes.

Presentouse como unha amante dos animais;  dixo que a súa profesión era terapeuta animal, e que de cativa quería ser… cabalo! Cando un ano os Reis Magos a agasallaron cun xogo de indios e vaqueiros, ela desfíxose dos persoaxes e quedou cos cabalos de xoguete: “correde, correde, que veñen os homes”, lle dicía ós cabalos.

Despóis desa introducción viñeron tres contos: O RATO E O LEÓN, A CASIÑA e O SAPIÑO VEXETARIANO. Neste derradeiro conto, axudámoslle a rematar os pareados, porque era en verso.

Gustounos moito a todos, e nos finais dos contos cantamos COLORÍN COLORADO, ESTE CONTO ESTÁ REMATADO.

Ata outra!

 

Visita da ilustradora Estefanía Padulles en Primaria

O pasado 18 de abril tivemos a visita da ilustradora Estefanía Padulles, tivemos o privilexio de poder escoitala todos os cursos do centro.

 

 

 

Con ela aprendemos, que toda ilustración é un debuxo, pero non todos os debuxos son ilustracións. 

 

Explicounos todo o proceso que se leva a cabo para ilustrar un libro:

E presentounos o seu último traballo:

Unha ilustración é un debuxo ou imaxe que nos comunica algo, resolvendo así, problemas de comunicación.

Unha ilustración, está pensada e creada para denotar algo importante ou para simplificar un tema nunha imaxe.

Ás veces as ilustracións poden contar historias sen necesidade de apoiarse nos textos. 

Aínda que os nenos non saiban ler, séntense atraídos polas imaxes e as fotografías dos libros.  

Entendendo esta linguaxe visual, que enriquece ao texto, conectarán có conto e permanecerán inmersos no mundo da fantasía.

Ao final da xornada Estefanía dedicou todos os seus debuxos ao noso centro CEIP Paradai.

 

 

Día do libro en 5ºA

Para celebrar o día do libro, os alumnos e alumnas de 5ºA inventaron un conto tendo en conta as ideas que cada un deles ía achegando.

18-04-23-11-36-00-201_deco.jpg

Aproveitando que o pasado 18 de abril a ilustradora Estefanía Padulles, visitou o noso colexio, acompañaron o conto con diferentes ilustracións elaboradas por eles mesmos, tendo en conta todos os consellos de Estefanía.

 

18-04-23-11-35-11-999_deco.jpg

18-04-23-11-36-26-953_deco.jpg

 Tras un gran traballo colaborativo, onde que cada un deles achegou as súas ideas o resultado foi o seguinte : Harry Po Potter en la Selva.

 

30848416_10156201606869020_645455893359458850_o.jpg

Preparando murais para o Día do Libro.

O alumnado de 4ºA preparou murais facendo refencia ao Día do Libro. Algúns quedaron moi bonitos!

 

Día do libro alumnos de 2ºA e 6ºA

Este ano polo Día do libro, o alumnado de 6º acudiu ás aulas de 2º para contarlles un resumo do libro Don Quijote de la Mancha.

Don Quijote de la Mancha é unha novela escrita polo español Miguel de Cervantes Saavedra. 

Este libro foi e é unha referencia permanente na literatura. 

Por outra banda, os alumnos de 2º non quedaron atrás, recitaron as estrofas que conforman un poema precioso que podemos atopar no libro Pola rúa dos versos de Ana María Fernández.  A continuación podedes ler un pequeno fragmento de dita poesía.

Encontrei unha princesa

nun gran pazo de cristal

e un castelo con cen torres

e tellados de metal.

 

Unha osa prateada

que sabía cociñar,

un león cunha coroa

que aprendeu a gobernar.

 

Encontrei catro xigantes

que gustaban devorar

nenos de cabelos loiros

cociñados no xantar.

...

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut