Skip to Content

                              

Neboeiro

NEBOEIRO 

Pobres rosas, saudosas

Esperando amañecer;

Laumiñadas, deragadas

Por medrar, y arrecender.

Tristes rosas amorosas,

Todo chega y o fin chega

Cando a pola se dobrega

E non vos pode soster. 

Craros soños, frolecidos

Cobizando un ideal;

Aniñados, enchoyados,

Nunha roseira lanzal.

Tristes soños noitecidos,

Todo chega y o fin chega

Se dos soños soilo queda

O imposibre no rosal.



book | by Dr. Radut