Skip to Content

Poema Ano novo

ANO NOVO

Ano novo, vida nova

Ano novo, que traerá?

O vello suspiros leva

O novo, que levará?

Ano que de festa naces,

O pasado xa pasou

Y a primaveira enverdece

O xardín que se murchou,

Mais sei d’abondo ano novo

Qu’o tempo que se vai indo

Para sempre leva cheirume

Das froles que van caíndo.

Ano novo, vida nova;

Ano novo, outro virá;

O vello sospiros leva,

O novo xa os traerá.



book | by Dr. Radut