O vindeiro martes 7 de maio gozaremos das Xornadas de Convivencia Intecentros que facemos anualmente. Este ano, no CEIP Virxe da Pena da Sela, en O Irixo.
Entre outras actividades, realizaremos unha cadea humana co resto dos centros, relacionada coa promoción das dúas campañas nas que están a traballar en O Irixo: unha, a campaña de recollida de penso para a protectora de animais ARUME e a outra, a campaña de recollida de móbiles para o Instituto Jane Goodall.
Campaña Arume: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippenadasela/node/154
Por este motivo, a partir de mañá venres e ata o martes 7 de maio, o alumnado pode entregar no CEIP Xuvencos, por unha parte, penso para a protectora de animais ou ben, calquera móbil antigo ou inservible que queira doar. O martes, levarémolo ao CEIP Virxe da Pena da Sela para as súas respectivas entregas.
A dirección.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Dosier Movilizate por la selva 2017 cast (1).pdf | 663.85 KB |