Skip to Content

                              

Charla informativa da Garda Civil no CEIP Xuvencos

Lembramos que o vindeiro martes 31 de xaneiro de 2023, ás 16.00 horas, terá lugar no CEIP Xuvencos unha charla informativa dirixida ás familias, por parte da Garda Civil, en colaboración coa Policía Nacional e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, dentro do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e as súas Contornas.

A temática da charla estará relacionada cos principais problemas actuais na infancia e adolescencia, como o acoso escolar, novas tecnoloxías, drogas e alcol, violencia de xénero, bandas xuvenís, etc.

 



blog | by Dr. Radut