![Obradoiro de teatro](https://lh3.googleusercontent.com/ik_MtYAZg7U9FIEHY9hQ2PcAkfydLfE9mz8er5pzj3uSWMphAvtRs1Zvpn_BroQA1ZNeORUfrej5Jyd6R04vh_nFY8JUkd_i1gW5lxXEyrThkIzCGZs7jtW5juq8nDqZcYJWyOquzJciQVHjt1f81NFTQ6ryG3_LG6Eo5bFR21qhkotdit6chk9d1dhDlMusVGAvesEOteYrAbSanYhuAIP1tmNGfkld78mnGSNwrjvowtw92BYm2w65ktQJRu9ACJCYFoqlaFEb0G-M-wCSjg1Hc5F_WDG52IrsT29azCoeeHye-b5FAep9iHpr-UXDgtP8SoNCC07HBO1vEE9BaWOuTvON5ys26iHPEQZHxY8KHfOHJiFx9mmftoreMG_LxWNh1jvj4c_Iwt76JIbp8uXElRg2Sq8pg_bFv94uqzG56J_wCatUGpJ2LykHFrARRl2gST3s_OCN7iI_gxHuigDjEWjgiGfYAdRY2hD0wx_RVruMugLK5LYysxawtkOZPcHeo4kq58QxJV57kwrVtuztDz-cCQVnxS1Gju9ojts3O9oETwUEHvxZO1C5DEaBHB7b6F4Jx_JMz1RRehz1PBsDsyktcGPFWFC93lbzn4_Wla2kgfBSQMjrKfbtlbOsbWGobwh5Lw0s8XKHFLs5-hC0JPIq7oVfA4QZBF60KPA=w1200-h300-no)
Durante o curso 16-17, o PDI do centro tivo como lema: “O Sueiro: onde a lectura é arte”. Os alumnos e alumnas de cuarto traballaron nun obradoiro de Teatro.
Adquiriron vocabulario relativo ao teatro, utilizaron a linguaxe corporal e oral para comunicarse, favoreceuse a relación grupal apoiándose os uns aos outros, exercitaron a memoria na aprendizaxe dos textos, utilizaron a expresión corporal (xestos, ton, voz,…) de xeito magnífico e sobre todo disfrutaron e fixeron disfrutar aos que viron as súas representacións:
- A primeira que fixeron coincidiu co día da biblioteca, onde representaron un guiñol titulado: “La aventura de los molinos”.
- O 20 de decembro, na celebración do festival de nadal, representaron a obra: “Comerei dous”. Dita obra obtivo bastante éxito e acordouse levala ao encontro de teatro de Bande.
- O día 27 de xaneiro participaron no día da paz, homenaxeando a Gloria Fuertes cun dos seus poemas: “Poema ao non”.
- O último venres de febreiro, participaron no desfile do Entroido disfrazados de “O teatro do soños”.
- O 27 de marzo celebrouse o Día do teatro e representaron: “Frases de nais”.
- O 28 de abril, conmemorando o Día do libro, representaron unhas “Regueifas”.
- Por último, o día 16 de maio, representaron de novo en Bande a obra: “Comerei dous”.