O venres 5 de xuño tivo lugar a entrega de premios da 2ª edición do Concurso literario Manuel Sueiro que organiza o CEIP Manuel Sueiro de Ourense.
O principal obxectivo deste concurso é introducir ao alumnado no pracer e gusto pola lectura, en tempos de lecer, buscando sempre que se asimile o que se le.
Nesta ocasión, o libro escollido foi o de "Historia de una gaviota y del gato que le enseñó a volar". Un libro que está escrito como unha fábula que critica o mal que se xestiona e coida o mundo. Nel trátanse valores como a amizade, lealdade, perseveranza, honor,.... e como na nosa vida se complementa o saber coa experiencia.
Na entrega de premios estiveron presentes: a Concelleira de Educación, Ana Garrido; o Inspector da Consellería de Educación, Roberto Cid Galante; o Director do CFR de Ourense, José Domínguez; membros do xurado Baldomero Moreiras (Pintor artístico) e José Ramón Fdez Morgade (Presidente do Círculo Poético ourensán. Asemade, tamén estiverón representados no acto todos os sectores da nosa comunidade educativa para acompañar aos representantes dos colexios que resultaron premiados nesta edición.
A elección dos traballos premiados foi moi díficil para o xurado do Concurso debido á gran calidade de todos eles. Resultou gañador á "Mellor adaptación de obra literaria universal" o traballo realizado polo CEIP Curros Enríquez de Celanova. Segundo os membros do xurado, o que fixo que este destacase, ante os demais traballos presentados, foi a transformación que fixeron do libro orixinal, escrito en prosa, nun texto poético ilustrado.
O CEE O Pino tamén resultou premiado pola orixinalidade do traballo presentado.
Ao remate da entrega de premios, o alumnado do CEIP Curros Enríquez de Celanova fixo entrega dun agasallo á Directora do noso centro consistente en tres exemplares dun fantántico libro, titulado "A carballeira do tempo", que realizou o alumnado de 5º e 6º curso de Ed. Primaria de dito centro.