A folla azul

O Clube de lectura de 5º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como segundo libro  “A folla azul” de Andrea Maceiras da editorial Xerais.

LIBRO 2º: A folla azul de Andrea Maceiras da editorial Xerais. 

O libro foi traballado nos meses decembro, xaneiro e febreiro do curso escolar 2021/2022 e conta a historia da Amazonia que é un mundo verde e único. Tamén é o fogar de moitas tribos indíxenas que viviron alí desde o inicio dos tempos. Algunhas delas manteñen relación coa civilización, mentres que outras decidiron permanecer voluntariamente ocultas no corazón da selva contando a historia de de Husu Aké, membro da tribo dos Tacaré, filla da Nai Terra e habitante do mundo verde. Na selva amazónica do Brasil vive a nena da tribo Tacaré, Husu Aké. A avoa de Husu Aké ten poderes adiviñatorios. Intúe que o home branco chegará ás terras dos Tacaré causando grandes problemas, por iso decide compartir coa neta todos os seus coñece- mentos, incluídos aqueles que adquiriu de nena cando viviu entre os brancos como a lingua portuguesa.

O día que os brancos chegan á aldea, a avoa de Husu Aké pídelle á nena que abandone o poboado. Os brancos, portadores de virus descoñecidos para os Tacaré, contaxian a poboación. Todos menos a avoa caen enfermos.

Cando Husu Aké regresa á aldea, o xefe noméaa guerreira para que parta en busca de axuda aos habitantes do poboado. A nena, tras ter a enigmática visión dunha folla azul, percorre os confíns da selva ata dar co home branco. O que alí atopa espántaa. O home branco está a destruír a natureza para conseguir ouro. Por sorte, tamén hai brancos bos. Husu Aké coñece unha familia que a axuda. O pai é médico e canda a nai, que é avoga- da, forman parte dunha ONG cuxo símbolo é unha folla azul. A familia viaxa coa nena á aldea e, grazas aos coñecementos médicos do pai, consegue curar a enfermidade que decimaba a poboación.

Husu Aké salvou a súa xente, pero algo nela cambiou para sempre. A nena acabará deixando a aldea para vivir coa familia branca. Alí converterase en avogada e nunha activista polos dereitos dos pobos indíxenas.

Despois da lectura do libro o alumnado traballou a súa comprensión a través de diferentes preguntas e temática:
Temas e valores

  • Os dereitos dos pobos indíxenas. A novela reivindica a vida dos indíxenas e os seus dereitos como pobos.
  • A destrución da natureza. A novela evidencia o forte contraste entre o estilo de vida sostible dos indíxenas e a civilización depredadora do home branco.
  • Encontro entre civilizacións. A novela aposta pola posibilidade dun encontro non traumático  entre  as  civiliza- cións indíxenas e a moderna civilización occidental.

Actividades

Antes da lectura

  • Imaxinar un argumento partindo da ilustración da portada.
  • Vendo a ilustración da portada, en que parte do mundo pensan que estará ambientada a novela?

Despois da lectura

  • Reflexionar sobre que podería suceder no mundo se desaparecese a Amazonia e outros espazos arborados do planeta.
  • Que opinan das ONG? Cren que fan un bo labor? Por que?
  • Actividade 1. Describe que ilustración alternativa farías para o libro tendo en conta o texto da contraportada. Sitúa a Amazonia nun mapa. Que Estados teñen territorio nesa inmensa masa arborada?
  • Actividade 2. Coa axuda do dicionario, define as seguintes palabras. Lóstrego (10), mandioca (p. 12), recender (p. 16) e premonición (p. 19).Constrúe unha frase ou un parágrafo no que apareza o maior número posible de pa- labras da pregunta anterior.
  • Actividade 3. Coa axuda do dicionario, define as seguintes palabras. Orela (p. 20), don (p. 24), térmite (p. 27) e calafrío (p. 29). Constrúe unha frase ou un parágrafo no que apareza o maior número posible de pa- labras da pregunta anterior.
  • Actividade 4. Coa axuda do dicionario, define as seguintes palabras. Gabear (p. 32), amorear (p. 43), escondedoiro (p. 47), e chicharra (p. 47). Constrúe unha frase ou un parágrafo no que apareza o maior número posible das pa- labras da pregunta anterior.
  • Actividade 5. Que quere dicir a nai de Husu Aké cando afirma: «A avoa era como unha árbore arrincada e plantada de novo e que por iso algunhas veces non atopaba o seu lugar na aldea»?
  • Actividade 6. Cres que é posible combinar o modo de vida occidental co xeito respectuoso coa natureza dos pobos indíxenas? Razoa a túa resposta.
  • FICHA DESPOIS DA LECTURA.
  • Actividade 7. Como é o peiteado que a nai de Husu Aké lle fixo á nena cando cumpriu 5 anos? Que simbolizaba?
  • Actividade 8. Coa axuda do dicionario, define as seguintes palabras: Racionar (p. 48), reflectir (p. 53), lapa (p. 54) e cinsa (p. 57). Constrúe unha frase ou un parágrafo no que apareza o maior número posible de pa-labras da pregunta anterior.
  • Actividade 9. Escribe cinco palabras que describan a personalidade de Arumi, a avoa de Husu Aké.
  • Actividade 10. Que é a folla azul empregada como símbolo pola ONG da familia que acolleu a Husu Aké?
  • Actividade 11. Busca información sobre a ONU, o organismo no que fala Husu Aké cando se conver- te en avogada. Que é? Cando se constituíu? Cales son as súas funcións? Escribe aquí un resumo das túas pesquisas.
  • Actividade 12. Como chaman ao home branco no poboado dos Tacaré?
  • Actividade 13. Que habilidade tiñan os Hummi, un dos pobos da Amazonia que atopa Husu Aké na súa viaxe á procura da folla azul?

As actividades realizadas durante o 11 de decembro de 2021 e o 3 de febreiro de 2022 concluíron coa realización dos debuxos sobre o conto así como a visita da autora, Andrea Maceiras. 

No mes de febreiro tivemos un encontro con Andrea Maceiras, autora deste libro.Na seguinte ligazón recollemos esta actividade: