Responder ó comentario

 

     O venres 23 de abril celebramos o Día do Libro.

     En colaboración coa Biblioteca Municipal do Concello de Mañón, iniciamos neste día a elaboración dun libro de animais no que participa todo o alumnado:  colorean láminas e poñen o nome do animal, buscan información en libros da biblio do cole e tamén nun lote de libros que nos preparou Begoña (a bibliotecaria do Concello), escriben a información máis importante, anotan a bibliografía empregada,...

     Esperamos telo rematado axiña e poder amosarvos o resultado.

 

Feliz día do Libro!!!!

  

  

 

E aquí está o resultado final: AniGAL. Animais de Galicia

 

Responder