Skip to Content

Novas

Avisos ou Novidades!

VACACIÓNS SEMANA SANTA

Estimadas familias!

Comeza o período de vacacións de Semana Santa. Tal e como indica o calendario escolar abranguen dende o luns 6 de abril ata o luns 13, ámbolos dous inclusive.

Informaremos das novas actividades para despois de Semana Santa.

Aproveitade e gozade do tempo en familia.

 

Un saúdo e moito ánimo!

 

Abalar Móbil

Estimadas familias:

Indicámoslles que teñen a súa disposición o servizo de Abalar Móbil para consultar a partir do venres no seu dispositivo electrónico as cualificacións desta 2º Avaliación.

É un bo momento para que instaledes dita app aquelas familias que ainda non a tedes (app store/google play).

Aquí podedes consultar toda a información que precisades sobre dita aplicación.

http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/

 

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/es/faq/abalarmobil

 

Tedes que descargala nalgún dos móbiles do pai/nai que figuran dentro dos datos do alumno/a no centro.

Pedimosvos que neste momento só usedes o Abalar para consultar as cualificacións. Se tedes algunha dúbida lembrade que podedes enviarlle un mail os mestres(aparecen os seus correos na A.Virtual).

                                                                                                                                          Un saúdo.

 

Novas Tarefas

Benqueridas familias:

A partir deste momento, tedes dispoñible na Aula Virtual as novas tarefas que envian os/as titores/as para cada curso. Así mesmo, na parte superior hai un apartado onde poderedes atopar os correos electrónicos de cada un deles/as para que vos intenten solucionar as posibles dúbidas/problemas que poidan xurdir nestes días. Lembrade que tanto L. Inglesa, E. Física como o resto de especialidades están na parte baixa  da A. Virtual.

                                                                                                            Unha aperta moi forte para todos/as.

 

Novas sobre a 2ª Avaliación.

Estimadas familias:

O vindeiro luns as/os titoras/es volverán a poñer tarefas e actividades na Aula Virtual.

Según instruccións recibidas pola Consellería de Educación levaremos a cabo a  Avalición do 2º trimestre antes do 3 de abril, tendo en conta  os datos e notas recollidos ata o día 12 de marzo (data de interrupción das clases presenciais).

Respecto á 3ª avalición terase que facer unha adaptación dos contidos dependendo do tempo que asista o alumnado ao centro.

Intentaremos avisarvos a medida que vaiamos coñendo o avance dos acontecementos.

Por outra parte, queremos recordar que o Concello de Guitiriz ten activadas unha serie de axudas de Emerxencia (tanto a nivel económico como de alimentación) das que se poderán beneficiar as familias que o precisen. As/os interesadas/os poden chamar ao teléfono do concello 982 370 109.

                                                                                                                    Moitas grazas.

                                                                                                 Respetade as normas de prevención.

Actividades na Aula Virtual.

Estimadas familias:

Como ben vos comentabamos na anterior entrada da web xa están dispoñibles na Aula Virtual as recomendacións do profesorado. Tedes dous documentos adxuntos que vos pido que leades con atención, neles explicámosvos todo o que aconteceu ata o de agora e ademais como acceder a ditos contidos (tedes que facer click nestes 2 documentos que tedes a dereita ou debaixo para velos e logo volver a facer clik neles para abrilos).

Unha aperta.

Recollida de xoguetes!!!

Estimadas familias:

 

Como todos os anos pedimos a vosa colaboración na recollida de xoguetes que non usedes e que estén en bo estado. No centro darémoslles unha segunda vida. Podedes entregalos en conserxería e xa os repartimos.

 

Escola de pais e nais

Escola de pais e nais

Merendas Saudables!!

Comezan as Merendas Saudables o vindeiro mércores (ler arquivo adxunto).

Comezo das clases!!

Estimados pais/nais.

Maña mércores día 11 comezan as clases en horario normal de 9.30 a 14.30 h. A non ser para os nenos de 3 anos.

Lembrade que no mes de Setembro o alumnado usuario de comedor sairá as 15.15 h do centro.

Visita da garderia

Hoxe viñeron coñecelo centro o alumnado da gardería do concello que se incorporará o vindeiro curso. 

Visita da garderia
Distribuir contido


by Dr. Radut