Skip to Content

Novas

Avisos ou Novidades!

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 22/23

 

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2022/23

 

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día 19 de maio e rematará o día 22 de xuño de 2022 (este incluído). Consultar horario de secretaría (aconséllase pedir cita).

 

Lugar de presentación: na secretaría do centro (traer o do libro de familia e unha fotocopia do mesmo ) ou por vía electrónica empregando os formularios normalizados dispoñibles na aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal)

 

http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

Devolución da tarxeta de transporte

Estimadas familias:

 

Todas aquelas familias que fixeron a tarxeta Xente Nova e teñan saldo nela, poden solicitar a súa devolución enviando un mail a:

 

cmati.transporte-metropolitano-galicia@edu.xunta.gal

 

Nese mail deben indicar:

 

  • Nome, apelidos e DNI do titular da tarxeta
  • Nome, apelidos e DNI da persoa representante (se é menor de idade)
  • Número da tarxeta
  • Teléfono de contacto
  • Oficina bancaria na que se obtivo

Felices Festas!!

O Ceip Plurilingüe Lagostelle deséxavos unhas Felices Festas de Nadal e un inmellorable 2022!!

 

 

Un saúdo moi especial!

A profe Belén aproveitou estos días para viaxar. E sabedes a quen atopou??

 

Reunións

Reunións

Días non lectivos

Estimadas familias.

Lembrámosvos que tanto o luns día 11 coma o martes día 12 o centro permanecerá pechado, o primeiro por ser o Día do Ensino e o segundo por ser festivo nacional.

Saúdos.

Saídas de outubro a maio

2021-09-30 22:28
Atlantic/Cape Verde

Estimadas familias:
A partir de mañá cambian os horarios de saída da tarde (outubro-maio).
O alumnado transportado montará no bus entre as 15.50 e as 16.00 h os luns e martes e entre as 15.45 e as 16.00 h o resto dos días.
Farase todo escalonadamente como ata agora.
O alumnado NON transportado sairá entre as 15.55 e as 16.05 h.

Saúdos.

Merendas Saudables

A vindeira semana comezan de novo as Merendas Saudables. Iremos introducindo novas froitas se as condicións o permiten,  polo de agora seguiremos coas mandarinas e os plátanos.

Merendas Saudables

Comezo das clases

Estimadas familias:

Maña darán comezo as clases deste curso 21/22, no horario que tedes na web.

Tamén comeza loxicamente o servizo de transporte e comedor. Sobre todo no primeiro caso informádenos de todas as novidades ou problemas que poidan xurdir nestos primeiros días. As rutas comezarán entre as 8.40/50 h dependendo do percorrido (incluindo a nova . Pode ser que haxa modificacións de itinerarios e de horarios polo que prestade atención ante calquera novidade. No segundo caso lembrádelle o alumnado as normas vixentes neste servizo como fará tamén o profesorado.

 

 

Bo comezo de curso para todos/as.

Distribuir contido


by Dr. Radut