Skip to Content

Novas

Avisos ou Novidades!

Comedor e Transporte

Bos días:
Primeiro de todo dicir que, esperamos e desexamos que todos/as vos atopedes ben de saúde.
Ante a incertidume que vivimos na localidade, e á espera de probas que confirmen ou desmintan a aparición de novos casos, decidiuse xunto coa Xefatura Territorial PECHAR o comedor escolar durante a vindeira semana.
Isto afectará loxicamente ao horario do transporte. Durante a vindeira semana dito servizo SAIRÁ do centro ás 14:50 h, polo que as familias usuarias do mesmo, deben estar nas paradas a partir desa hora para recoller ao alumnado.
Para o alumnado do pobo manterase o horario habitual de saída.
De conformidade co Concello, Suspendese tamén o servizo de madrugadores e concilia ata novo aviso.
Unha aperta.

Recomendacións

Estimadas familias:

Debido o aumento de casos na localidade, recomendamos ás familias que extremen as precaucións.

Ante a aparición de calquer síntoma compatible, rogamos que avisen ás autoridades sanitarias e como medida de precaución NON envíen o alumnado ao centro educativo.

Se as probas deran positivo, as familias deben avisar ao colexio ou ao profesorado titor o antes posible, para poder tomar as medidas oportunas e minimizar riscos.

https://www.concellodeguitiriz.com/gl/content/recomendaci%C3%B3ns-sanitarias-debido-ao-aumento-de-casos-positivos

 

Unha aperta.

Entrega das máscaras

Bo día.
O profesorado  entregará entre hoxe e maña as máscaras. Grazas á colaboración do concello, todo o alumnado terá o seu lote (4 máscaras).
Son máscaras lavables para todo o curso (30 usos cada unha).  Cada día deben traer unha cor diferente e por suposto co nome do alumno/a, o venres repetirán loxicamente unha delas.
Hai dous modelos (pequeno para E. Infantil e 1º e grande para o resto) como vedes na foto.

Un saúdo.

Entrega das máscaras

Felicitación!!

Prezadas familias:

Hoxe damos por rematado este primeiro trimestre tan cheo de novidades e incertidume . Dámosvos as grazas pola vosa colaboración e comprensión e aproveitamos para felicitarvos as festas e desexarvos un saudable e prospero 2021 cheo de alegría, que nos faga esquecer axiña este ano que deixamos atrás.

Vémonos o día 8 de xaneiro.

Unha aperta.

Felicitación!!

Felicitación!!

Prezadas familias:

Hoxe damos por rematado este primeiro trimestre tan cheo de novidades e incertidume . Dámosvos as grazas pola vosa colaboración e comprensión e aproveitamos para felicitarvos as festas e desexarvos un saudable e prospero 2021 cheo de alegría, que nos faga esquecer axiña este ano que deixamos atrás.

Vémonos o día 8 de xaneiro.

Unha aperta.

Día Mundial da Discapacidade

Día Mundial da Discapacidade

25 N

</div

Distribución das máscaras entre o alumnado de Primaria

Estimadas familias:

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade realizará unha achega complementaria, para que os centros docentes públicos dependentes da consellería  afronten no curso 2020/21 a cobertura das novas necesidades sanitarias derivadas da COVID-19, entre outras, a adquisición de máscaras para o alumnado matriculado nos niveis de ensino obrigatorio (Educación Primaria) e educación especial.

 

Alumnado destinatario:

 

1. Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar.

2. Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:

 

a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.

 

Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2020/21.

Nos documentos adxuntos aparecen a Orde e o modelo de solicitude.

Prazo: 16- 27 de novembro

 

A festa das máscaras

A festa das máscaras

Aprázanse as eleccións ao Consello Escolar

Estimadas familias:

Coa finalidade de preservar a saúde das persoas e evitar aglomeracións, faise necesario o adiamento da convocatoria de eleccións ao consello escolar segundo publica hoxe a web da Xunta de Galicia.

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/32201

Un saúdo.

Distribuir contido


by Dr. Radut