Skip to Content

Admisión alumnado

Proceso de Admisión curso 24/25

Procedemento Admisión (só para novo alumnado)

 

  • Solicitude de admisión  mediante:

 

o    A presentación do Anexo II (documento adxunto) no centro do 1 ao 20 de marzo (consultar horario de secretaría)

 

o   Entregandoa a través da sede electrónica da xunta; www.edu.xunta.es/admisiónalumnado

 

  •  Documentación:

 

  1. DNI do neno/a e dos proxenitores.
  2. Libro de Familia (orixinal e copia para o cotexo).
  3. Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos exixidos en cada nivel educativo.
  4. Obligatoriedade de que a solicitude veña asinada polos dous proxenitores (no caso de separación ou divorcio, a Solicitude tamén debe ir asinada polos dous agás convenio regulador ou sentenza xudicial que o determine).

 

  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo (só no caso de haber maior número de solicitudes que de prazas ofertadas): 24 de marzo ao 6 de abril.
  • Publicación provisional das persoas admitidas e non admitidas  25 de abril.
  • Reclamación ás listaxes provisionais nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.
  • Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas  15 de maio.

 

 

Fase de matrícula

 

-       -   Formalización da matrícula en E. Infantil e Primaria entre o 20 de xuño e o 1 de xullo.

 

   Normativa Reguladora (poden consultala pinchado nelas)

 

D 13/2022, do 3 de febreiro

Orde do 21 de outubro de 2022

Manual para as familias

 

LEMBRAMOS  QUE O ALUMNADO QUE XA ESTÁ MATRICULADO NO CENTRO NON TERÁ QUE FACER NINGÚN TRÁMITE ATA 6º DE EP.

Procedemento Admisión alumnado que cambia de etapa (reserva no instituto)

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición (IES Poeta Díaz Castro)

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 15 de xaneiro de 2024 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2024, ambos incluídos.

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán o día 22 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)

Solicitude Telemática a través da Sede Electrónica accedendo a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/)

Para a presentación da Solicitude presencial consultar horario de secretaría.

Documentación para as novas matrículas do curso 23/24

Estimadas familias:

Nos archivos adxuntos tedes a documentación que é preciso entregar entre o 20 e o 30 de xuño (só para as novas matrículas).

 

Saúdos.

Alumnado Admitido para o curso 23/24

Xa está publicada a LISTA DEFINiTiVA DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2023/2024 no taboleiro de anuncios situado no interior do centro. Todas as peticións foron admitidas.

ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 23/24

Xa está publicada a LISTA PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2023/2024 no taboleiro de anuncios situado no interior do colexio. Todas as peticións foron admitidas provisionalmente.

Inicio do procedemento de admisión de alumnado para o curso 2023/2024 (cambio de etapa)

 

 

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición.

 

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o  día 16 de xaneiro de 2023 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa (ao instituto).

  • O prazo de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro de 2023, ambos incluídos.

As familias terán que entregar a solicitude de reserva de praza na secretaría do noso centro (Anexo I documento adxunto).

Ou ben poder presentar a solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia ou a través da aplicación  admisionalumnado.

 

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

 

Documentación Nova Matrícula

A partir do vindeiro luns xa estarán dispoñibles en secretaría os sobres coa documentación necesaria para realizar  novas matriculas para o  curso 2022/23.

Ademais podedes descargala premendo nos enlaces ou nos ficheiros adxuntos.

 

Enlaces:

 

Lembrade que o prazo será do 20 ao 30 de xuño.

Recoméndase consultar o horario e pedir cita previa en secretaría para aquelas familias que desexen presentala no centro.

 

 

 

PUBLICACIÓNS DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNADO ADMITIDO. ADMISIÓN DE ALUMNADO 2022/23

As listaxes definitivas de alumnado admitido están expostas no taboleiro interior do centro dende o día 13 de maio ás 14:00 h.

Todas as solicitudes foron admitidas para o vindeiro curso académico.

Tamén poderán acceder ás listaxes definitivas de alumnado admitido a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moneda e Timbre.

 

 

Publicación das Listaxes provisionais do curso 22/23

Estimadas familias:

Xa están expostas no edificio administrativo as listaxes provisionais. Todas as solicitudes foron admitidas para o vindeiro curso académico.

Tamén poderán acceder ás listaxes provisionais do alumnado admitido a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre.

 

Saúdos.

 

ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO CURSO 22/23

O prazo para facer a Solicitude será do 1 ao 21 de marzo.

 

Procedemento Admisión (só para novo alumnado)

 

  • Solicitude de admisión  mediante:

 

o    A presentación do Anexo II (adxuntos) no centro do 1 ao 21 de marzo (consultar horario de secretaría)

 

o   Entregandoa a través da sede electrónica da xunta; www.edu.xunta.es/admisiónalumnado

 

  •  Documentación:

 

  1. DNI do neno/a e dos proxenitores.
  2. Libro de Familia (orixinal e copia para o cotexo).
  3. Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos exixidos en cada nivel educativo
  4. No caso de separación ou divorcio,a Solicitude tamén debe ir asinada polos dous agás convenio regulador ou sentenza xudicial que o determine.

 

  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo (só no caso de haber maior número de solicitudes que de prazas ofertadas): 24 de marzo ao 6 de abril.
  • Publicación provisional das persoas admitidas e non admitidas  22 de abril.
  • Reclamación ás listaxes provisionais nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.
  • Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas  13 de maio.

 

 

Fase de matrícula

 

-       -   Formalización da matrícula en E. Infantil e Primaria entre o 20 e o 30 de xuño.

 

   Normativa Reguladora (poden consultala pinchado nelas)

 

D 13/2022, do 3 de febreiro

 

Orde do 12 de marzo de 2013

 

Orde do 25 de xaneiro de 2017

 

Orde do 18 de decembro de 2020

 

 

ENLACE Á  INFORMACIÓN DO PROCESO DE ADMISIÓN NA WEB DA  CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

CALENDARIO DE ADMISÓN DE ALUMNADO. CURSO 2022/23

Distribuir contido


by Dr. Radut