Grazas a colaboración co Anpa, ao longo desta semana tivemos unha serie de actividades para fomentar a igualdade a través dunha proposta coeducativa. Contou con tres tipos de obradoiros onde se traballaron os estereotipos e a violencia de xénero presentes na nosa sociedade e se promoveu unha educación libre dela rompendo os prexuízos e promovendo pautas para identificar a violencia de xénero, así como promover relacións saudables entre iguais fomentando a igualdade real desde as idades máis temperás.
Álbum: Curso 23/24 -> Coeducación