Skip to Content

Celebración

Álbum: Curso 23/24 -> Samaín, Magosto e Halloween

Samaín e Magosto

Samaín e Magosto

Donación

A peña deportivista Bebel García acudiu ao centro para facer unha donación de material educativo. Todo un detalle pola súa parte. Moitas grazas.

Donación

Coñece a túa provincia

Grazas a colaboración co Anpa o alumnado de 5º A desfrutou do programa da Deputación "Coñece a túa provincia", que inclúe as visitas a Fundación Tic en Lugo, ao porto pesqueiro de Burela. Visita panorámica das praias de Foz dende o paseo marítimo (Peizás, Llás), á vila de Foz (percorrido dende o porto pesqueiro á praia da Rapadoira) e  á basílica e centro de interpretación de San Martiño.

Álbum: Curso 23/24 -> Coñece a túa provincia

Recreos con froita

Estimadas familias:

 

Como vedes no cartel, mañá martes dará comezo o Programa de recreos con froita, tanto o centro coma o concello pedimos a vosa colaboración para reducir o máximo posible o envío de alimentos menos saudables e aumentar o consumo de froitas.

Saúdos

Recreos con froita

Reunóns inicio de curso

          

Mural Mª Antonia Dans

Ainda que con bastante retraso, por fin está rematado o noso novo mural. Quedou realmente ben!!

Mural Mª Antonia Dans

Actividades Extraescolares 23/24

Benvida curso 23/24

Estimadas familias:

 

Queremos darvos a benvida a este novo curso escolar que dará comezo o vindeiro luns día 11.

 

Temos que ter en conta que:

  • O horario do centro é de 9.30 a 14.30 h. As portas abriránse as 09.25 e pecharánse as 09.35 h. Un cambio importante este curso é que o alumnado que chegue tarde sen causa xustificada (informe médico ou similar) terá que esperar fora do recinto ata a 2ª sesión (sobre as 10.15) para poder acceder ao centro.

 

  • O alumnado que cambia de aula será recibido polo profesorado no centro.

 

  • O alumnado de E. Infantil sairá sobre as 14.25 h aproximadamente para non coincidir co de Primaria.

 

  • Lembrade que no mes de setembro a saída do alumnado de comedor será sobre as 15.15/20 h e o alumnado do pobo posteriormente.

 

  •  O alumnado de comedor na parte de primaria estará mixturado como o pasado curso.

 

Saúdos

Calendario escolar do Curso 23/24

Distribuir contido


by Dr. Radut