Skip to Content

Novas

Campaña solidaria de recollida de roupa e calzado usado

A empresa Mariola Solidaria púxose en contacto co centro para levar a cabo unha recollida de roupa e calzado usado.

Ao longo desta semana o alumnado levará unha bolsa para devandita recollida. Aquelas familias que desexen colaborar poden traela ata o día 3 de novembro (incluído).

 

Podedes consultar información sobre esta empresa e os seus proxectos nas  seguintes ligazóns.

www.csmariola.com

https://www.globalhumanitaria.org/

 

 

 

Reunión no instituto

Bo día.

O vindeiro 9 de xuño as 10.30h, terá lugar no IES POETA DÍAZ CASTRO unha xuntanza informativa coas familias do alumnado do próximo curso 2021/22 para abordar aspectos relativos á nova etapa educativa.

Saúdos.

Nota para usuarios de comedor e transporte

Estimadas familias;

Os titores do curso pasado enviaronvos esta nota o mail ou o whatsapp. Pedimos a vosa colaboración para saber aproximadamente con canto alumnado imos contar neses servizos para organizalos cumplindo o Protocolo que publique a Xunta o vindeiro luns.

Grazas a todas e todos.

Comunicado para as Familias

Estimadas familias,

Agardamos que teñades disfrutado deste verán atípico en compaña dos vosos fillos e fillas, aos que estamos desexando ver de volta nas aulas.

Imaxinamos que teredes escoitado moitas novas sobre o inicio deste curso. Como sabedes, atopámonos nun momento de incertidume e de adaptación a unha situación totalmente nova e nós aínda non podemos, aínda que nos pese, darvos respostas concluíntes posto que os protocolos van cambiando en función da evolución da pandemia (espérase que o luns 7 haxa un novo protocolo).

O que si podemos é asegurarvos que o claustro e o persoal non docente do CEIP Plurilingüe Lagostelle estamos a traballar para garantir unha volta segura ás aulas, cumplindo todas as medidas de hixiene, limpeza, distancia e organización que se nos marcan desde a Consellería. En canto teñamos os Plans definitivos publicarémolos na web para que poidades lelos con calma e ir preparando aos nenos e nenas para os novos cambios.

Queremos transmitirvos tranquilidade e pedirvos colaboración e paciencia, que comprendades que é unha situación nova tamén para nós e que seguramente cometeremos erros e haxa que aprender deles buscando sempre o mellor para o noso alumnado, que é a nosa prioridade.

Pedímosvos que ante calquera dúbida vos poñades en contacto co centro. Ao longo desta semana iremos colgando novas e avisos na páxina web así que estade atentos e atentas.

Unha aperta para todos e todas.

 

 

Recomendacións para o familias.

Estimadas familias:

1.- Lamentamos que se tivese que  chegar a este estado de alarma, pero o prioritario é a saúde das persoas. Por iso todos unidos venceremos o  virus.

2.- O profesorado irá subindo á Aula Virtual no apartado "Recomendacións de traballo..." (parte superior desta páxina) propostas de  actividades, cuaderniños,  tarefas de  investigación, .... Desculpen se hai problemas  coa  lentitude  de  internet.

3.- Estas actividades  non son  avaliables, por  tanto  non  son obrigatorias. Xa que de feito somos concientes de que haberá alumnado que non dispoña dos  medios tecnolóxicos axeitados.

4.- Seguemento. Haberá profesorado que pida  facer un seguemento  màis   continuo e  outros que  preferirá corrixir  as actividades  ao  reincorporarse ao  centro.

5.- Duraciøn . En principio a suspensión da actividade académica dura 14  dias desde  hoxe.

5.- O dia 19 é festivo e o 20 colleramolo como dia  non lectivo. Por  iso perdemos, realmente, 8  dias lectivos.

6.- O profesorado tentará recuperar da mellor maneira posible o tempo no que non houbo actividade  académica na medida do posible.

7.- Pregamos desculpas polos inconvintes que poida ocasionar esta situación e pedimos comprensión para superar esta situación da  mellor  maneira posible!!

 

                                                                                                                                                         Grazas
                                                                                                                O profesorado do CEIP  LAGOSTELLE

Novas

Os membros do Equipo docente do Ceip Plurilingüe Lagostelle estamos traballando para dar a mellor resposta posible ante a grave situación que se nos presenta.

Pregamos a vosa comprensión e que sexades pacientes.

Distribuir contido


by Dr. Radut