A Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Ensino Lugo convidan a asistir ao encontro Durán Maquinaria Ensino Lugo - Celta Zorka Recalvi que se xogará o próximo 24 de febreiro no Pazo dos Deportes de Lugo.
A entrada será gratuíta para todas as nenas e nenos e terá un prezo reducido -de 5 euros – para familiares e outras persoas adultas que queiran asistir.
A iniciativa pretende reforzar a visibilidade e proxección do deporte feminino, tratando de converter o encontro no evento deportivo feminino con máis público de Galicia, polo que vos animamos a disfrutar desta xornada festiva.
Por motivos de loxística e ubicación, necesitamos que nos confirmen o número de asistentes antes do próximo 21 de febreiro ás 20.00 horas no enderezo electrónico deportes@deputacionlugo.gal.