Skip to Content

Complementarias

Iniciación á Micoloxía

Onte o alumnado de 5º e 6 º de E. Primaria tivo un  primeiro achegamento ao mundo da MIcoloxía, primeiro cunha charla e logo cunha saida  preto do centro educativo integrada no Programa Voz Natura.

Álbum: Curso 22/23 -> Setas

Charlas Afectivo Sexuais

Grazas a colaboración co Anpa hoxe levaronse a cabo estas charlas para o alumnado de 6° EI e 2° EP.

Álbum: Curso 22/23 -> Charlas Afectivo Sexuais

Exhibición cinolóxica do CMT de Parga.

Hoxe tivemos a visita da patrulla canina do exército.

Nesta exhibición participaron un total de seis cans (Skull, Scapy, Delta, Ali, Bond e Loco) e os seus adestradores  pertencentes aos equipos antidrogas, explosivos e defensa.

Todos forman parte da Cuarta Subinspección do Exército Noroeste.

Tamén nos acompañou o alumnado e profesorado do Ceip Santo Estevo de Parga.

Álbum: Curso 22/23 -> Patrulla canina

Charlas sobre especies invasoras.

Durante esta semana o alumnado de 4°, 5° e 6°recibiu unhas charlas da asociación medioambiental  AMABUL. Procuran entre outros fins, defender e promocionar os valores naturais, mellorar e recuperar os espazos naturais da zona e aumentar a concienciación social arredor da nosa contorna.

Álbum: Curso 22/23 -> Amabul

Fin de curso

Festa Fin de Curso

Festa Fin de Curso

Torneo Liceo la Paz

Álbum: Curso 21/22 -> Torneo Liceo

Visita a Muimenta e o Castro de Viladonga

O pasado martes o alumnado de 1° e 2 ° de EP  foron de excursión.

 

Álbum: Curso 21/22 -> Visita o Castro de Viladonga e a Muimenta

Máis poliños

Os poliños están levantando gran expectación no centro, e reciben moito cariño!!!

Álbum: Curso 21/22 -> Máis poliños

Hixiene Postural

Onte o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria acudiu a un obradoiro impartido por Lucía Lobeiras (nai dunha alumna e fisioterapeuta) sobre hixiene postural. 

Desde o centro agradecémoslle a Lucia esta interesante iniciativa e invitámola a volver cando desexe.

Álbum: Curso 21/22 -> HIXIENE Postural
Distribuir contido


by Dr. Radut