Skip to Content

Actividades

Visita de Sabela Núñez Singala

Onte tivemos unha visita ben especial!! Podía vir directamente de Ucraína!! E non era hoxe tal pero contounos o soño de Xiana, de onde xurdiu a idea do seu libro... Estivemos con Sabela Núñez Singala!!! E pasamos un anaco ben agradable!!

Tiñamos moitas ganas porque o confinamento impediunos esta visita o curso pasado así que o gozamos moitísimo!!

Grazas Sabela!!!

Non digades nada pero canda ela tivemos a sorte de contar tamén coa visita do profe Juan Carlos, a quen queremos un montón e botamos moitísimo de menos!!!

Álbum: Curso 20/21 -> Visita de Sabela Núñez Singala

Día mundial do Síndrome de Down

Día mundial do Síndrome de Down

Máis actividades

 
Aldara e José quixeron hoxe presentar a súa nova historia aproveitando esta data tan sinalada. A que agardades para vir á biblio para saber máis??
 

 

 

 

Neste Día de Rosalía tan "diferente" ao que tiñamos por costume no noso cole, fixemos unha entrega moi especial en colaboración co profesorado de Educación Física, que preparou unhas morralas cheas de lectura e movemento!!! Agardamos que as desfrutedes e que o compartades!!! #DíaDeRosalíaDeCastro

Quen é quen tan especial?

Son algunhas das persoas que nomean os andeis da nosa biblio, a que fixeron un traballo xenial de investigación (e de montaxe!!) as nenas e nenos de 4º EP??

Álbum: Curso 20/21 -> Andeis biblio

Videconferencia con Ledicia Costas

Álbum: Curso 20/21 -> Ledicia Costas

Ledicia Costas

Que vos parece ese recadiño da marabillosa Ledicia Costas??

Pois mañá teremos con ela un encontro virtual e falará con nós dos seus libros e daqueloutras curiosidades que se nos acorden sobre o seu oficio, esa fantástica arte de escribir que nos leva a gozar con historias xeniais... Apetece, verdade???

Ledicia Costas

Día Internacional das persoas con Discapacidade

Para conmemorar este día, desde a biblio queremos aportar algunhas lecturas que nos axudan a comprender, aprender, respectar e empatizar, en definitiva, a loitar por unha sociedade máis xusta na que a inclusión sexa unha realidade!!

Álbum: Curso 20/21 -> Día Mundial da Discapacide

Día do Libro

Estimadas familias:

Aqui tedes algunhas das fotos que enviachedes, seguiremos subindo máis.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

                                                                                                                    Unha aperta.

Día do Libro

Estimadas familias:

Para conmemorar o día do Libro (23 de abril), animámosvos a colaborar nesta bonita iniciativa, "E ti, onde les?". Podedes mandar as vosas fotos ata o 30 de abril. (mirade no adxunto)

                                                                                                                       Un saúdo.

Distribuir contido


by Dr. Radut