O pasado luns tivemos a visita da Traescola no centro. Unhaescola de música tradicional especializada e cunha proposta educativa que busca a formación integral para todas e todos aqueles que queiran achegarse á música e o baile tradicional galego.
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2014, adicado a Xosé María Díaz Castro, os alumnos do centro participaron na recreación do libro "Nimbos" copiando os poemas do mesmo de forma manuscrita e ilustrando as distintas partes e poemas do poemario.
Video recopilatorio do proxecto "Mensaxeiros Nimbos" que forma parte das actividades feitas no C.E.I.P. Plurilingüe Lagostelle de Guitiriz por mor do Día das Letras Galegas 2014, adicado ó poeta Xosé María Díaz Castro.
O escritor Antonio Reigosa visitou o noso colexio o día 24 de maio de 2013 para falar do seu libro " A noite dos pesadelos" cos alumnos de 4º, 5º e 6º de E.P, quenes previamente o leran. O coloquio foi sumamente divertido e os nenos aportaron moitas das súas vivencias en torno ao medo.
Grazas, Antonio, por agasallarnos con unha actividade tan estupenda!