Skip to Content

Transporte

Solicitude de parada

Novas rutas de transporte

Transporte Escolar

Estimadas familias:

Segundo a Instrución da xunta para transporte escolar do vindeiro curso dicirvos que copiaranse as paradas asignadas ao alumnado neste curso que acabamos de rematar. Se algunha familia quixera solicitar nova parada ou cambiar a que xa ten, tería que entregar no centro a Solicitude que aparece na web.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceiplagostelle/node/444

 

 

Lembrar tamén que aquel alumnado que teña asignada a parada a menos de 2 kms debe entregar tamén outra Solicitude no centro e ter a tarxeta pertinente.

(https://www.edu.xunta.gal/centros/ceiplagostelle/node/508)

 

A ter en conta:

- Para manter a condición de usuario con dereito, é necesario que se faga un uso continuado do transporte escolar, entendido este como o uso repetitivo del en días fixos da totalidade das semanas do curso 2021-2022.

 

Saúdos.

Transporte Escolar

Estimadas familias:

 

O vindeiro curso escolar haberá cambios no servizo de transporte (algúns  non os coñecemos aínda), un deles é a necesidade de solicitar unha tarxeta (Xente Nova) para o alumnado que estea fóra da área de influencia ou teña a parada a menos de 2 kms do centro.

Alumnado afectado polas paradas de:

- Cuartel Garda Civil.

- Gasolineira

- Campo fútbol

- Pardiñas

- O cruceiro

 

O servizo seguirá sendo gratuito pero dito alumnado terá que cubrir unha solicitude (ver arquivos adxuntos) e entregala no centro e tamén acudir ás oficinas de Abanca para facer a  tarxeta e recargala. Tedes toda a información neste enlace e tamén chamando a Mobilidade  982 294 400 .

 

Tarxeta Xente Nova

Transporte Integrado

Distribuir contido


by Dr. Radut