Skip to Content

Transporte Escolar

Estimadas familias:

Segundo a Instrución da xunta para transporte escolar do vindeiro curso dicirvos que copiaranse as paradas asignadas ao alumnado neste curso que acabamos de rematar. Se algunha familia quixera solicitar nova parada ou cambiar a que xa ten, tería que entregar no centro a Solicitude que aparece na web.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceiplagostelle/node/444

 

 

Lembrar tamén que aquel alumnado que teña asignada a parada a menos de 2 kms debe entregar tamén outra Solicitude no centro e ter a tarxeta pertinente.

(https://www.edu.xunta.gal/centros/ceiplagostelle/node/508)

 

A ter en conta:

- Para manter a condición de usuario con dereito, é necesario que se faga un uso continuado do transporte escolar, entendido este como o uso repetitivo del en días fixos da totalidade das semanas do curso 2021-2022.

 

Saúdos.



page | by Dr. Radut