Skip to Content

Visita de Rosa Aneiros

Onte, por fin, aprendemos un montón de cousas de _Xelís, o guieiro das botellas de mar_ da man da persoa que lle deu vida: Rosa Aneiros.

Rosa, ademais de resolver todas as nosas dúbidas respecto de Xelís e o resto de protagonistas desa bonita historia, fíxonos reflexionar sobre a importancia do coidado do medio ambiente (e presentounos a distintas persoas que traballan na súa conservación e mellora) e descubriunos quen é a persoa que vai facer que as cousas cambien e melloren, vós coñecédela??? Se tedes un espello cerca só tedes que mirar e saberedes o seu segredo...

Álbum: Curso 19/20 -> Rosa Aneiros


album | by Dr. Radut