Skip to Content

Complementarias

A semana da prensa

Holi Hai ( A festa da primavera)

Plantación de pensamentos

Todo o alumnado participou na plantación de pensamentos (a flor preferida de Rosalía de Castro) nunhas "xardineiras" recicladas para a ocasión.

Quedou realmente bonito!!

Álbum: Curso 21/22 -> Pensamentos

Actividades 8M

Concurso "Disfraz Seguro"

Dúas alumnas de 6º de EP gañaron o concurso " Deseña o teu disfraz seguro".

A iniciativa, impulsada pola Xunta de Galicia a través do IGCC en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade, busca potenciar o consumo responsable entre os máis novos, concienciando neste caso sobre a seguridade dos produtos. A actividade levaba implícita a realización dunha xornada informativa nos centros escolares na que participaron preto de 1000 alumnos de toda Galicia, así como a realización dun traballo de debuxo por parte do estudantado de 6º de Primaria no que poñer en práctica os coñecementos adquiridos deseñando o seu propio disfrace seguro xunto coa súa etiquetaxe.

GAÑADORES CONCURSO DISFRAZ castelán (xunta.gal)

Álbum: Curso 21/22 -> Concurso disfraz

Premio polo cartel do 8M

O alumnado de 1° EP acudiu hoxe a Santiago a recoller o seu premio . Pasárono xenial!!

 

https://www.elprogreso.es/articulo/a-chaira/ceip-lagostelle-guitiriz-gan...

Álbum: Curso 21/22 -> 8M

Por qué temos embigo?

O pasado xoves o alumnado de 6° EI e 2° EP tiveron unha charla afectivo- sexual  ofrecida polo Anpa.

Álbum: Curso 21/22 -> Charla

Fotografía para o 8M

Fotografía para o 8M

Disfraces, merendas e moitas pompas!!!

Como fin de festa a esta semana de Entroido tan movida, hoxe tivemos disfraces, doces típicos destas datas e sobre todo moitas pompas!!

Álbum: Curso 21/22 -> Entroido22

Espectáculo de maxia

O alumnado de Ed. Infantil e 1º ciclo desfrutou dun espectáculo de maxia a cargo do Mago David.

Álbum: Curso 21/22 -> Mago David
Distribuir contido


by Dr. Radut