Skip to Content

Benvida curso 23/24

Estimadas familias:

 

Queremos darvos a benvida a este novo curso escolar que dará comezo o vindeiro luns día 11.

 

Temos que ter en conta que:

  • O horario do centro é de 9.30 a 14.30 h. As portas abriránse as 09.25 e pecharánse as 09.35 h. Un cambio importante este curso é que o alumnado que chegue tarde sen causa xustificada (informe médico ou similar) terá que esperar fora do recinto ata a 2ª sesión (sobre as 10.15) para poder acceder ao centro.

 

  • O alumnado que cambia de aula será recibido polo profesorado no centro.

 

  • O alumnado de E. Infantil sairá sobre as 14.25 h aproximadamente para non coincidir co de Primaria.

 

  • Lembrade que no mes de setembro a saída do alumnado de comedor será sobre as 15.15/20 h e o alumnado do pobo posteriormente.

 

  •  O alumnado de comedor na parte de primaria estará mixturado como o pasado curso.

 

Saúdos



page | by Dr. Radut