Skip to Content

Patios

O alumnado de 4° ESO do IES  Poeta Díaz Castro está a levar a cabo un proxecto de aprendizaxe e servizo, dentro do cal  ofreceunos a posibilidade de decorar o noso patio con varios xogos.

Álbum: Curso 23/24 -> Patios

Normas do Mercadillo

Normas do Mercadillo

Mercadillo

Mercadillo

Vídeo 25N

Foliada

Con motivo da Semana da Música, o grupo " Na Casa Zoqueiro" acudiu ao centro para facer bailar, tocar e cantar ao alumnado.

Foliada

Mural 25 N

   

Mural  25 N

Plantación

O alumnado de 5º de EP acudiu o pasado venres a repoboar a zona do cruce de Senande de nogais e castiñeiros guiado e  invitado pola Comunidade de Montes. Témoslle que agradecer a Paco a experiencia, pasámolo xenia!!

Álbum: Curso 23/24 -> Plantación

Cross

Alumnado do centro acudiu o pasado xoves ao cross escolar en Vilalba organizado por Xogade.

Cross

Visita ás covas do rei Cintolo

O alumnado de 6º de EP visitou no día de hoxe as covas do rei Cintolo en Mondoñedo. Pasárono xenial!!

Álbum: Curso 23/24 -> Espeleoloxía

Coeducación

Grazas a colaboración co Anpa, ao longo desta semana tivemos unha serie de actividades para fomentar a igualdade a través dunha proposta coeducativa. Contou con tres tipos de obradoiros  onde se traballaron os estereotipos e a violencia de xénero presentes na nosa sociedade e se promoveu unha educación libre dela rompendo os prexuízos e promovendo pautas para identificar a violencia de xénero, así como promover relacións saudables entre iguais fomentando a igualdade real desde as idades máis temperás.

Álbum: Curso 23/24 -> Coeducación
Distribuir contido


by Dr. Radut