Skip to Content

Axudas para alumnado con NEAE curso 2024-25

No seguinte enlace, pódese consultar e descargar o extracto da Resolución do 12 de abril de 2024, da Secretaría do Estado de Educación, pola que se convocan axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2024-25.

 

                                           Resolución

Calendario escolar 24/25

Premendo no enlace, pódese descargar a ORDE do 12 de abril de 2024, pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/25 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

                                        Calendario Escolar 24/25

Visitas

Seguindo coas visitas do 50ª aniversario, onte visitounos Herminia (antiga conserxe) para falar dos máis de corenta anos traballando no colexio. Coma sempre houbo moitísmas preguntas.

Visitas

Concurso: Que significa o Lagostelle para ti?

Con motivo do 50º aniversario queremos propoñer a toda a comunidade educativa un concurso de debuxo, poesía e relato. Os traballos deben expresar que signfica ou significou para vós o colexio. Tedes ata o 24 de maio para entregar os vosos traballos. Ánimo!!

Concurso: Que significa o Lagostelle para ti?

Saídas relacionadas co 8 M

Álbum: Curso 23/24 -> Visitas 8 M

Visita

Continuando coas actividades do 50º aniversario, hoxe tivemos a visita de dous mestres que coñecen moi ben o centro. Tanto Moncho como Juan C, mantiveron unha animada charla co alumnado de 6º de Primaria rememorando os seus anos de docencia. Houbo moitísimas preguntas.

Visita

Proceso de Admisión curso 24/25

Procedemento Admisión (só para novo alumnado)

 

  • Solicitude de admisión  mediante:

 

o    A presentación do Anexo II (documento adxunto) no centro do 1 ao 20 de marzo (consultar horario de secretaría)

 

o   Entregandoa a través da sede electrónica da xunta; www.edu.xunta.es/admisiónalumnado

 

  •  Documentación:

 

  1. DNI do neno/a e dos proxenitores.
  2. Libro de Familia (orixinal e copia para o cotexo).
  3. Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos exixidos en cada nivel educativo.
  4. Obligatoriedade de que a solicitude veña asinada polos dous proxenitores (no caso de separación ou divorcio, a Solicitude tamén debe ir asinada polos dous agás convenio regulador ou sentenza xudicial que o determine).

 

  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo (só no caso de haber maior número de solicitudes que de prazas ofertadas): 24 de marzo ao 6 de abril.
  • Publicación provisional das persoas admitidas e non admitidas  25 de abril.
  • Reclamación ás listaxes provisionais nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.
  • Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas  15 de maio.

 

 

Fase de matrícula

 

-       -   Formalización da matrícula en E. Infantil e Primaria entre o 20 de xuño e o 1 de xullo.

 

   Normativa Reguladora (poden consultala pinchado nelas)

 

D 13/2022, do 3 de febreiro

Orde do 21 de outubro de 2022

Manual para as familias

 

LEMBRAMOS  QUE O ALUMNADO QUE XA ESTÁ MATRICULADO NO CENTRO NON TERÁ QUE FACER NINGÚN TRÁMITE ATA 6º DE EP.

Entradas

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Ensino Lugo convidan a asistir ao encontro Durán Maquinaria Ensino Lugo - Celta Zorka Recalvi que se xogará o próximo 24 de febreiro no Pazo dos Deportes de Lugo.

A entrada será gratuíta para todas as nenas e nenos e terá un prezo reducido -de 5 euros – para familiares e outras persoas adultas que queiran asistir.

A iniciativa pretende reforzar a visibilidade e proxección do deporte feminino, tratando de converter o encontro no evento deportivo feminino con máis público de Galicia, polo que vos animamos a disfrutar desta xornada festiva.

 

Por motivos de loxística e ubicación, necesitamos que nos confirmen o número de asistentes antes do próximo 21 de febreiro ás 20.00 horas no enderezo electrónico deportes@deputacionlugo.gal.

 

Entradas

Entroido

Álbum: Curso 23/24 -> Desfile Entroido

Día da paz

O pasado día 30 celebramos no centro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz baixo o lema #bandeirasbrancas proposto por @unicef

Álbum: Curso 23/24 -> Dia da Paz
Distribuir contido


by Dr. Radut