Skip to Content

Novas

Avisos ou Novidades!

Reunións coas familias

Estimadas familias.

 

O vindeiro mércores terán lugar unha serie de reunións moi breves no centro (cumprindo con todas as medidas covid) co profesorado titor para presentarse e explicarvos as normas. Pregamos puntualidade tanto na entrada coma na saída.

No arquivo adxunto podedes consultar a hora da reunión.

 

Saúdos

Novo curso

Estimadas familias.

Esperamos que desfrutarades do verán.

O vindeiro día 9 dará comezo o novo curso para todo o alumnado. Confiemos en que sexa máis tranquilo e levadeiro.

En principio comezaremos coas mesmas medidas coas que rematamos o curso anterior: entradas, saídas, comedor, patios, ... Cada titor/a lembrará tanto as familias coma ao alumnado todas as normas e medidas a levar a cabo.

Lembrade revisar o apartado do Covid 19 que aparece nesta web para refrescar ou coñecer (novo alumnado) as medidas propostas o curso anterior.

Aquelas familias que desexen solicitar servizo de comedor ou transporte aínda están a tempo. Deben solicitar cita previa para entregar calquera documento.

Imos tamén informar a partir de agora a través do Facebook do cole (https://www.facebook.com/colexio.lagostelle.9) .

 

Saúdos

 

DEP

 

 Hoxe é un día triste para a comunidade educativa do noso cole. Despedimos con fondo pesar a quen dirixiu o centro durante nove anos. Domingo, aló onde esteas, non deixes de sorrirnos._

Cambio horario

Estimadas familias:

Lembrarvos que o vindeiro martes día 1 de xuño cambia o horario de saída do mediodía para alumnado transportado e de comedor (igual que en setembro). Os primeiros subirán ós autobuses a partir das 15.15 h e os do pobo sairán a partir das 15.30 h.
Tamén damos por rematadas as "merendas saudables", onte xoves foi o último dia das mesmas neste curso escolar.


Un saúdo

 

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 21/22

 

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2021/22

 

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día 21 de maio e rematará o día 22 de xuño de 2021 (este incluído). Consultar horario de secretaría (aconsellase pedir cita).

Lugar de presentación: na secretaría do centro ou por vía electrónica empregando os formularios normalizados dispoñibles na aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal)

 

 

Orde que regula a convocatoria

 

Extracto que regula dita convocatoria

 

Solicitude (Anexos I e II)

 

Aplicación Fondo libros

 

Sede electrónica

 

Días non lectivos

2021-05-14 15:00
2021-05-18 18:51
Atlantic/Cape Verde
 
Estimadas familias:

Lembramos que os días 17 e 18 de maio son días non lectivos. O primeiro por ser festa da comunidade e o segundo é o dia escollido polo centro.

Un saúdo.

Enquisa de Convivencia 2021

2021-04-13 14:01
2021-04-29 20:01
Atlantic/Cape Verde

Aberto o prazo desde o 12 ata o 29 de abril, ambos incluídos.

Máis información en :

https://www.edu.xunta.gal/portal/enquisa_convivencia_2021

(o alumnado levará hoxe unha clave persoal para poder acceder)

Xubilación de Juan Carlos

Hoxe remata a súa etapa como docente en activo o noso compañeiro Juan Carlos. Un gran mestre e unha mellor persoa.

Ímolo botar moito de menos pero sabemos que vai desfrutar desta máis que merecida xubilación logo de 27 anos no centro.

Desexámosche o mellor!! Unha aperta moi forte.

Xubilación de  Juan Carlos

Retorno as aulas.

Prezadas familias:

Esperamos e desexamos que todas as familias vos atopedes ben dentro das circunstancias que estamos a vivir.
Informarvos que o centro volverá  abrir o vindeiro xoves pero o comedor permanecera pechado  e o transporte seguirá regresando ás 14.50 h.
Non retomaremos a normalidade ata o luns día 22.
O profesorado está a espera de recibir o alta polo que tampouco sabemos se poderemos contar con todo ata ese luns.
Desde o centro solicitamos a vosa axuda no tocante ao Protocolo, nós volveremos  incidir no cumprimento das normas e a non relaxarse en ningún momento xa que como puidemos apreciar é imposible predicir nin atallar posibles gromos.

Unha aperta moi forte.

Vindeira semana

Estimadas familias.

Como xa sabedes imos confinar unha serie de aulas do centro como medida de precaución, e xunto con elas a maioría do profesorado do centro. Todo isto atendendo as instruccións das autoridades sanitarias.
O centro permanecerá aberto pero  serán moi poucas as mestras e mestres que poderán asistir o centro.
O alumnado que acuda estará separado en grupos burbulla e mantendo os protocolos seguidos ata o de agora.

Un saúdo.

Distribuir contido


by Dr. Radut