Skip to Content

Novas

Avisos ou Novidades!

Andaina Solidaria

O vindeiro día 15 terá lugar unha Andaina Solidaria organizada polo concello. Este ano colaboran coa Asociación Española Síndrome de Mowat Wilson.

Haberá unha fila 0 na páxina de Champion Chip para todo aquel/a que queira colaborar.

https://ccnorte.com/evento/competicion-recorrido/c/13469#info-13469

 

Andaina Solidaria

Saída as 14.30 h

Estimadas familias:
O servizo de transporte avisanos de que NON gararantiza o retorno as 16.00 debido as condicións das estradas.
Debido a isto, a consellería aconsellanos  adiantar a saída ás 14.30 h de TODO o alumnado.
O transporte saíra as 14.30 h e o alumnado do pobo as 14.40 h
O servizo de comedor adiantase as 13.45 h para todos  os usuarios.
Ante calquera dúbida, avisade a titoría ou ao centro.

Grazas e perdoade as molestias.

Suspensión do transporte da tarde

Estimadas familias:

A conselleria decidiu suspender o transporte no horario de tarde. Monbus ainda non nos confirmou se podera recollelos as 14.30 h, polo que aconsellamos a aquelas familias que non poidan vir a recollelos  que non os/as envíen hoxe ao centro.

Saudos 

Alerta meteorolóxica

Alerta dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por vento e acumulacións de neve

 
 
 

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por acumulacións de neve por riba dos 20 cm, que comezará o martes día 17.01.2023 ás 06.00 horas e prolongarase ata as primeiras horas do mércores 18.01.2023. Este adverso afectará á zonas da montaña de Lugo e Ourense.
O aviso será amarelo no mesmo período horario nas áreas: Interior de A Coruña, interior de Pontevedra, centro de Lugo, sur de Lugo, noroeste de Ourense, sur de Ourense e Valdeorras.
Adicionalmente se alerta dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por vento dende hoxe día 16.01.23 ata o medio día do mércores 17.01.2023 nas zonas da Mariña Lucense e noroeste de A Coruña.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

1. A SUSPENSIÓN do transporte escolar DURANTE O MARTES 17 dos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición das montañas de Lugo e Ourense, con seguimento das condicións climáticas nas zonas do interior da Coruña, interior de Pontevedra, centro de Lugo, sur de Lugo, noroeste de Ourense, sur de Ourense e Valdeorras.
2. SUSPENSION do transporte escolar EN HORARIO DE TARDE DO MARTES 17 dos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición do interior da Coruña, interior de Pontevedra, centro de Lugo, sur de Lugo, noroeste de Ourense, sur de Ourense y Valdeorras.
3. A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES NO EXTERIOR nos centros educativos situados nas zonas da Mariña Lucense e o noroeste de A Coruña ata as 12h do martes 17.
4. Por parte da autoridade Educativa comunicarase esta incidencia aos directores dos centros escolares e ás empresas de transporte, solicitando que leven a cabo esta medida e fagan un seguimentos dos partes meteorolóxicos durante a xornada na que se desenvolverá o adverso.
5. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado, os directores poderán adoptar as decisións oportunas respecto das actividades no exterior do centro educativo ou sobre as actividades extraescolares. Adicionalmente extremaranse as condicións de circulación do transporte con seguimento das condicións climáticas.

 

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/28006

 

 

 

 

Merendas Saudables e horario de saida da tarde

Estimadas familias:

O vindeiro luns día 3 cambia o horario de saída dos usuarios de comedor. Lembrade que de outubro a maio o alumnado subirá ó bus a partir das 15.45 h, e  a continuación sairá o alumnado do pobo.

Tamén comezará a vindeira semana, concretamente o martes,  o Programa de Froita Fresca.

Saúdos

 

 

Merendas Saudables e horario de saida da tarde

Merendas Saudables e horario de saida da tarde

Estimadas familias:

O vindeiro luns día 3 cambia o horario de saida de usuarios de comedor. Lembrade que de outubro a maio o alumnado subirá ó bus a partir das 15.45 h, e  a continuación sairá o alumnado do pobo.

 

Reunións coas familias.

Estimadas familias.

No seguinte cadro podedes ver a data das reunións de principio de curso. Terán lugar o martes 4 e 11 de outubro a partir das 16.00 h.

Saúdos

 

 

MARTES 4 OUTUBRO

 

MARTES 11 OUTUBRO

 

5º EDUCACIÓN INFANTIL (A e B)

 

1º EDUCACIÓN PRIMARIA (A e B)

 

6º EDUCACIÓN INFANTIL

 

2º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

3º EDUCACIÓN PRIMARIA (A e B)

 

6º EDUCACIÓN PRIMARIA (A e B)

 

4º EDUCACIÓN PRIMARIA ( A e B)

 

Días non lectivos

Estimadas familias :

Os días escollidos polo centro coma non lectivos serán o 5 de  decembro e o 2 de maio.
Así mesmo, queremos informarvos que o centro ten unha conta de Instagram: @ceiplagostelleguitiriz

Un saudo.

Benvida ao curso 22/23

Estimadas familias.

Esperamos que desfrutarades das vacacións.

O vindeiro xoves día 8  darán comezo as clases deste novo curso 22/23.

En principio  coa maior normalidade posible e sen medidas Covid no centro.

O horario de entrada será ás 9.25 h, tanto para alumnado transportado coma para alumnado do pobo, as portas pecharanse as 9.35 h.

A forma de acceder ao centro será a mesma do curso pasado para o alumnado do pobo, pola porta pequena entrarán E. Infantil. 1º e 2º de E. Primaria , e pola porta de proveedores 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria. Loxicamente pola porta de transporte o alumnado que chega no bus. As saídas faranse tamén por estas portas.

Setembro e  xuño

Entrada 09:25

Saída alumnado que non é de comedor:

- E. Infantil 14:15/20 h

-  E. Primaria 14:30 h

Saída alumnado transportado 15:15/25 h

Saída alumnado do comedor 15:25/30 h

 

O alumnado de 1º, 3º e 5º de EP será acompañado  e o profesorado titor e especilista á súa aula neste primeiro dia.

Lembramos tamén que hai familias que ainda non pasaron a recoller o vale de material.

Bo curso a todos/as.

Datas Fondo libros

 

- Publicación listaxe provisional:   4 xullo no taboleiro do centro.

- Reclamación á listaxe provisional:   5 e 6 de xullo na secretaría do centro.

- Publicación listaxe definitiva:    7 xullo no taboleiro  do centro.

- Recollida Historial Académico de 6º EP:  5 xullo na secretaría do centro.

 

AXUDA DE LIBROS E MATERIAL

  • Entrega de vales de libros de texto e de material (as familias que non recollan os vales nestas datas terán que esperar a setembro para recollelo) :

 

  •  1º e 2º Educación Primaria o 8 de xullo
  •  3º e 4º de Educación Primaria o 11 de xullo
  •  5º e 6º de Educación Primaria o 12 de xullo 

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación FONDOLIBROS, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut