CONTINUANDO COA INTENCIÓN DE MOSTRAR ÁS FAMILIAS O NOSO TRABALLO DIARIO, ÍMOSVOS ENSINAR UNHA ACTIVIDADE QUE ACOSTUMAMOS A FACER CADA VEZ QUE PRESENTAMOS UNHA NOVA LETRA. PRACTICAMOS A FACELA TODOS XUNTOS E POR QUENDAS NO ENCERADO DIXITAL.
DESTA VEZ TOCÁBANOS A LETRA "m" E MIRADE QUE BEN NOS VAI SAINDO...!!
Bos dias familias!. Este mes de outubro celebraron o cumple o noso Carlos de 4 anos e Helena de 5 anos!!. Aquí vos deixamos unhas fotos dese dia tan especial. Disfrutamos das tartas, dos regaliños...e tamén o pasamos moi ben despois no baile!!
NA CLASE DE 5 ANOS SEGUIMOS TRABALLANDO EN RELACIÓN AOS ELEFANTES.
DESTA VEZ, E GRACIAS Á AXUDA DAS FAMILIAS, FIXEMOS AO ELEFANTE ELMER CON BOTELLAS.
O QUE NECESITAMOS FOI SIMPLEMENTE BOTELLAS CON ASAS LATERAIS E GOMETS DAS CORES DE ELMER.
A PROFE (COA AXUDA DOUTROS MESTRES/AS) CORTOU AS BOTELLAS AO MEDIO E DEULLE A FORMA DAS CATRO PATAS E DO RABO. COA PROPIA ASA XA QUEDOU DEFINIDA A TROMPA.
Xa ben avanzado o primeiro trimestre, seguimos coa lectura compartida. Os últimos que o fixeron foron Ismael e Laura García. Fixérono moi ben! Así que temos que seguir avanzando a grandes pasos na velocidade e comprensión lectora... Ánimo!!
Coa visita deste científico aprendemos moitas cousas do noso sistema dixestivo!. Tamén sabemos que o lobo, o elefante e a balea son mamíferos e teñen un sistema dixestivo similar ó noso. Ó longo do mes de novembro iremos aplicando o aprendido co científico ó sistema dixestivo destes animais.
O científico trouxo consigo un robot chamado Robi que nos foi explicando como é a nosa dixestión.
O proceso dixestivo comeza na boca, cando comemos e masticamos os alimentos mesturados coa saliva.