Skip to Content

Escolares

OS RATIÑOS DA BIBLIOTECA. 5 ANOS.

Como remate deste primeiro trimestre fixemos unha visita á biblioteca de Rego da Balsa para escoitar as aventuras dos ratiños que viven nela.

Gustounos moito ir no autobús ata a biblioteca.

 

 

PROXECTO DINOSAURIOS. 5 ANOS

Este primeiro trimestre comezamos un novo proxecto chamado Dinosaurios. Como está resultando moi motivante, e ofrece moitos contidos para traballar ,alongarase durante o segundo trimestres. Aquí vos deixo unha pequena mostra de cousas que fomos facendo, espero que disfrutedes das fotos. 

Partimos o proxecto do conto dos dinosaurios que tiñamos na aula. Neste libro aparecen moitos dinosaurios pero  decidimos centrarnos no Braquiosaurio(un dinosaurio herbívoro) e no Tiranosaurios Rex (un dinosaurio carnívoro). 

 Entre todos fixemos un gran mural co  Braquiosaurio e o Tiranosaurio Rex.

 

    

Cumpleanos do mes de outubro.

Moitas felicidades a Carlos e a Jaime!!. Rematou outubro e chegou o momento de celebar os cumpleanos deste mes!! . Aquí vos deixamos unha poucas fotos!!

Pequenos momentos de creación artística. Momias e a nosa Castañita! .5 anos.

Co remate do verán achéganse unha datas importantes, o Samaín e o Magosto. Para festexar ditas datas cos nenos creamos unha momias terroríficas!! e tamén a nosa mascota Castañita!. Aquí vos deixo unha poucas fotos do proceso de creación!!

 

Concerto de Samaín. Luís Vallecillo

Chegou o Samaín! Unha época terrorífica e máxica! .A mellor maneira de disfruta desta fermosa data foi....CUN CONCERTO. Gracias Luís Vallecillo por facer disfrutar tanto aos nenos do C.E.I.P Gandará-Sofán!!.

 

 

 

 

CAMPAÑA SOLIDARIA

Durante unha semana, estivemos recollendo no cole roupa e calzado usado que os nenos e nenas trouxeron das súas casas.

A vosa resposta foi exemplar!!

Mirade senón, que cheo ía o furgón que veu recoller as bolsas!! 

Miles de grazas de parte das persoas que recibirán esta gran axuda!!

 

INICIÁMONOS NO RECOÑECEMENTO DOS NÚMEROS. CLASE DE 3 ANOS.

PARA TRABALLAR OS NÚMEROS, FACEMOS MOITAS E MOI VARIADAS ACTIVIDADES.

ASÍ COMEZAMOS A FAMILIARIZARNOS COA GRAFÍA DO NÚMERO 1...!!

VÓS NA CASA, TAMÉN PODEDES TRABALLAR O NÚMERO 1 CON PLASTILINA, DEBUXÁNDOO NA AREA DO PARQUE, BUSCANDO COUSAS NA CASA DAS QUE SÓ HAXA UNHA UNIDADE...

 

 

traballamos a lecto-escritura no encerado dixital interactivo. aula de 5 anos

O encerado dixital interactivo (edi) é un recurso moi motivante e lúdico para iniciar aos nenos na lecto-escritura!. Pouco a pouco repasamos fonemas, construimos palabras e frases.

 

foto de comezo de curso 2015/16 aula de 5 anos.

Un curso novo e moitas ilusións ! Aqui estamos todos na aula de 5 anos neste curso 2015/16!!.

PERIODO DE ADAPTACIÓN. 4º E.I.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut