Skip to Content

CABECEIRA

Escolares

PRESENTACIÓN 4 ANOS

PRESENTACIÓN 3 ANOS

ESTA É A AULA DE 3 ANOS DO CURSO 2013/14!

 

 

O ENTERRO DA SARDIÑA

ASI AGARDABAN OS NENOS E NENAS DE INFANTIL PARA DESPEDIR A NOSA SARDIÑA !!! CANTO CHORAMOS.....E QUE BEN O PASAMOS!!!

 

 

 

 

O ENTERRO DA SARDIÑA

Despois de tanto troulear no Entroido,

chegou o momento de despedirse...

A sardiña de Sofán foi lanzada ao río

para que todo o mundo a vise...

 

CONTACONTOS MUSICAL

TIVEMOS UNHA FERMOSA VISITA NO CEIP DA GANDARÁ-SOFÁN!! UN CONTACONTOS MUSICAL CO QUE DISFRUTAMOS MOITÍSIMO!!

 

 

 

 

O INVERNO

Xa está a piques de rematar o inverno... e non queremos deixar pasar a oportunidade de ensinarvos como quedou a exposición que fixemos con froitas e verduras desta estación!!

Moitas grazas a todas as familias por colaborar!!

 

ENTROIDO 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

QUE GUAPOS ESTABAN OS NENOS DE TRES ANOS NO ENTROIDO!

TALLER DE PERRUQUERÍA

 

 

Xa comezamos cos “Talleres das profesións” dos familiares dos nosos alumn@s… e desta vez veunos visitar a nai de Estela da clase de 6º de Educación Infantil. Chámase Trini e é perruqueira.

Grazas pola visita e polo ben que nolo fixeches pasar a tod@s!!

TALLER DE MACEDONIA

Os nen@s de infantil estivemos traballando os alimentos e dun xeito moi especial a importancia da froita para medrar sans e fortes.

Fixemos un taller de macedonia coa colaboración das familias.

Mmmmmm…. que rico!!!

 

CHEGA O ENTROIDO!! VIVAN OS PITUFOS!!

Está chegando o Entroido e todo o centro vaise disfrazar de pitufos.


Para animar un pouco ós nenos aquí vos deixamos un pequeno vídeo dos pitufos.


Esperamos que o disfrutedes!!


 


XOGA CON FANTASMÍN

"EL MUNDO DE FANTASMÍN" É UN XOGO INTERACTIVO DA PÁXINA DA XUNTA.

É MOI MOTIVANTE PARA INICIAR AOS NENOS/AS NO MUNDO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS, ESPECIALMENTE PARA QUE COLLAN SOLTURA Á HORA DE MOVER O RATO.

Distribuir contido


by Dr. Radut