Novembro 2014

CUMPREANOS DO MES DE NOVEMBRO

XA CASE REMATADO O MES DE NOVEMBRO, CHEGA A HORA DE CELEBRAR OS CUMPREANOS.

DESTA VEZ SON ALBA MARÍA E SALMA AS QUE CUMPLEN. AMBAS FAN 5 ANIÑOS E ASÍ O CELEBRAMOS NO COLE.

MOITAS FELICIDADES E GRAZAS ÁS FAMILIAS POLOS AGASALLOS!!

 

 

CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO CO CONTACONTOS "PEDRO BRANDARIZ"

Para conmemorar o Día Internacional contra a violencia de xénero, visitounos no centro un contacontos moi especial: "Pedro Brandariz".

El mesmo se define como un "falabarato", pero contounos cousas moi interesantes.

Contounos unha gran historia sobre pantasmas e ogros na que deixaba ben claro o importante que é tratar ben ás persoas. Para facelo axudáronlle algúns dos nenos e nenas do cole.

Pero iso non foi todo, tamén nos contou un conto ben bonito sobre "Tres porcos" e amenizou toda a actuación con diferentes trucos de maxia e xogos visuais.

A nós encantounos e agardamos que nos visite sempre que lle apeteza!!

Mirade algunhas fotografías dese día!

CARREIRA "QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE"

O día no que conmemoramos o "Día dos dereitos da infancia" no Gándara-Sofán, corrimos coa finalidade de recadar diñeiro para axudar á infancia que máis o necesita.

Así agardabamos a nosa quenda para correr!

PREPARADOS.....

LISTOS...

XA!

 

CARREIRA: QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE

MAÑÁ, VENRES 21 DE NOVEMBRO, IMOS LEVAR A CABO NO CENTRO UNHA ACTIVIDADE CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA. CONSISTIRÁ NUNHA CARREIRA CHAMADA "QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE" POLOS DEREITOS DAS CRIANZAS DE MALI, PROMOVIDA POLA ORGANIZACIÓN "SAVE THE CHILDREN".

OS NENOS E NENAS DO GÁNDARA-SOFÁN CORRERÁN TODO O QUE POIDAN E POR CADA VOLTA QUE DEAN, O SEU PATROCINADOR OU PATROCINADORES (AMIGOS E FAMILIARES) DARANLLE UNHA APORTACIÓN PARA QUE ELES/AS DONEN Á ORGANIZACIÓN "SAVE THE CHILDREN" NO TRABALLO A FAVOR DA INFANCIA.

SE QUEREDES SABER UN POUQUIÑO MÁIS DE CON QUEN COLABORAMOS E A ONDE IRÁN DESTINADOS ESES CARTOS, PODEDES PINCHAR NO ENLACE E INFORMARVOS MÁIS POLO MIÚDO.

 

http://www.savethechildren.es/carrera/

GRAZAS DE ANTEMÁN POR FOMENTAR NOS VOSOS FILLOS/AS A SOLIDARIEDADE COS DEMAIS.

 

 

LETRA U. 4 ANOS.

Fixemos o mural da letra U. Buscamos imaxes que empezan pola letra "U" e escribimos as palabras entre todos. 

ALIMENTACIÓN DAS BALEAS. AULA DE 4 ANOS.

Este mes de novembro estivemos a traballar aspectos da alimentación das baleas. Sabemos que podemos atopar dous tipos de baleas:

-Baleas con barbas, como a balea azul (Marina) que se alimenta de Kril e pequenos peixes e mosluscos. A través das barbas filtra a auga para tomar o alimento.

-Baleas con dentes como a Orca ou o cachalote. Estas baleas comen presas máis grandes como leóns mariños, focas, calamares xigantes ou peixes grandes. 

Entre todos fixemos este mural.

 

QUE RICAS AS CASTAÑAS!!! 5ANOS

ESTE ANO O MAGOSTO COMEZOU DECORANDO UN POUCO OS CORREDORES DO COLE; CONTINUOU, COMA TODOS OS ANOS, ABASTECÉNDONOS DE CASTAÑAS GRAZAS ÁS FAMILIAS; DESEGUIDO TOCOU ELABORAR OS RECIPIENTES PARA GARDALAS, LOGO CHEGOU A HORA ASALAS (DISO ENCARGOUSE DAVID) E DE COMELAS (DISO ENCARGÁMONOS TOD@S)... PARA, FINALMENTE, XOGAR E XOGAR ATA ACABAR CHEÍÑOS DE TISNA!!!

COMO NOS GUSTA ESTA FESTA E ESTES SABOROSOS FROITOS!!

O DÍA DO PEÓN PARA OS NEN@S DE 5 ANOS

POUCO A POUCO ÍMONOS FACENDO EXPERTOS NO XOGO DO PEÓN, PEONZA OU BUXAINA!

ESTE É O TERCEIRO ANO QUE NOS TOCA PARTICIPAR E XA SE VAI NOTANDO A PROFESIONALIDADE!!

TODOS E TODAS O INTENTAMOS E A UNS SAIUNOS MELLOR QUE A OUTROS... PERO O GAÑADOR DA NOSA CLASE FOI IKER!!

AQUÍ VAN UNHAS CANTAS FOTOS DESE DÍA!!

NORABOAAA IKER!!!

 

 

CABAZAS DE MEDO DA AULA DE 5 ANOS

NON QUERIAMOS DEIXAR PASAR A DATA SEN ANTES DAR AS GRAZAS A TÓDALAS FAMILIAS DOS NENOS E NENAS DA CLASE DE 5 ANOS POLO GRAN TRABALLO QUE FIXERON COS SEUS FILLOS E FILLAS EN RELACIÓN Á DECORACIÓN DAS CABAZAS PARA O CONCURSO!!

DESTA VEZ NON SAIU GAÑADORA NINGUNHA DAS DA NOSA CLASE, PERO IGUALMENTE... FELICIDADES POLO RESULTADO!!!

SAMAÍN 2014 NO GÁNDARA-SOFÁN

FÍXOSE ESPERAR UN POUCO, PERO POR FIN VOS MOSTRAMOS UNHAS FOTOS MOI ESPECIAIS DO DÍA DO SAMAÍN NO QUE DESFILAMOS, POSAMOS, XOGAMOS E DESFRUTAMOS COMO NUNCA...

MIRADE, MIRADE QUE GUAPOS ESTABAMOS EN TÓDALAS CLASES!!!

3ANOS

 

4 ANOS

 

5 ANOS

 

PRIMEIRO

 

LECTURA COMPARTIDA EN 5 ANOS

AGORA A QUEN LLE TOCA O TURNO É A CRISTIAN. LEUNOS UN CONTO QUE A EL LLE GUSTA MOITO E A NÓS TAMÉN NOS ENCANTOU.

 

A PARTIR DE AGORA SEGUIREMOS LENDO DIARIAMENTE PARA DISFRUTAR E ABRIR A NOSA MENTE!!!

ESPERAMOS QUE VOS GUSTASE VERNOS LER E NOS ANIMEDES NAS CASAS!!!

 

OS NENOS DE 3 ANOS APRENDEMOS O CÍRCULO CON KANDINSKY

Estes días estamos traballando o círculo, como nos gusta moito pintar con pincel descubrimos que había un pintor chamado Kandinsky que creou un cadro ao que lle chamou "Cadrados con círculos concéntricos".

 

Así que decidimos poñernos mans á obra e crear a nosa propia obra de arte.

 

 

 

 

 

QUE BEN TIRAMOS O PEÓN!. AULA DE 4 ANOS

Que ben o pasamos na festa do Peón!. Tódalas clases participaron nun pequeno concurso de "baile do peón". Aquí estamos os nenos de 4 anos ...

Preparados...listos...xaaaaa!!!.

E ...... o campión da aula de catro anos foi.....NICO!!

O MAGOSTO. 4 ANOS.

 

Para a celebración do magosto fixemos unhas caixiñas moi xeitosas que empregamos para levar as castañas!!.

Pero o mellor de todo foi a degustación posterior das castañas!!

 

REFORZANDO CONTIDOS MATEMÁTICOS. AULA DE 4 ANOS.

A través do xogo reforzamos contidos matemáticos:  Asociamos número e cantidade e repasamos as formas xeométricas. 

 

 

NA CLASE DE 3 ANOS SEGUIMOS APRENDENDO COUSAS DOS LOBOS

Os nenos de 3 anos seguimos investigando cousas do lobo, aprendemos que viven no bosque e estivemos facendo un mural e algunhas manualidades. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

TRABALLAMOS A LETRA "M" EN 5 ANOS

CONTINUANDO COA INTENCIÓN DE MOSTRAR ÁS FAMILIAS O NOSO TRABALLO DIARIO, ÍMOSVOS ENSINAR UNHA ACTIVIDADE QUE ACOSTUMAMOS A FACER CADA VEZ QUE PRESENTAMOS UNHA NOVA LETRA. PRACTICAMOS A FACELA TODOS XUNTOS E POR QUENDAS NO ENCERADO DIXITAL.

DESTA VEZ TOCÁBANOS A LETRA "m" E MIRADE QUE BEN NOS VAI SAINDO...!!

 

 

LECTURA COMPARTIDA EN 5 ANOS

NON DEIXAMOS DE LADO A LECTURA NA CLASE DE 5 ANOS. ESTAMOS INTENTANDO ESTABLECELO COMO RUTINA DE CLASE E PARECE QUE ESTÁ TENDO MOITO ÉXITO!!!

ANIMÁDEVOS A LER COS NENOS/AS NA CASA E... SOBRE TODO, QUE SEXAN ELES/AS OS QUE VOS LEAN!!

DESTA VEZ FOI LAURA RODRÍGUEZ A QUE NOS SORPRENDEU COS SEUS GRANDES AVANCES NA LECTURA! NORABOA LAURA! E GRAZAS!

 


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design