25N

CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO CO CONTACONTOS "PEDRO BRANDARIZ"

Para conmemorar o Día Internacional contra a violencia de xénero, visitounos no centro un contacontos moi especial: "Pedro Brandariz".

El mesmo se define como un "falabarato", pero contounos cousas moi interesantes.

Contounos unha gran historia sobre pantasmas e ogros na que deixaba ben claro o importante que é tratar ben ás persoas. Para facelo axudáronlle algúns dos nenos e nenas do cole.

Pero iso non foi todo, tamén nos contou un conto ben bonito sobre "Tres porcos" e amenizou toda a actuación con diferentes trucos de maxia e xogos visuais.

A nós encantounos e agardamos que nos visite sempre que lle apeteza!!

Mirade algunhas fotografías dese día!

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design