Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

4º de Educación Primaria

4º de Educación Primaria

Tarefas novas mércores 29 de abril

Ola nen@s!
Aquí vos deixamos as tarefas novas para facer estes días. Recordade que de plástica podedes facer a segunda actividade que tíñades que elexir das do video que vos propuxemos a semana pasada. Tedes uns cuantos días por diante para ir facendo todos os traballos pois como xa vos dixemos, este venres non hai clase nin tampouco o luns.

Aproveitade para repartir  as tarefas e disfrutade un pouco mais que agora tedes unha horiña para sair á rúaGuiño

O martes  5 teredes as solucións e tarefas novas.

Bicos. Carlota e Belén

 

Ah, esquecíasenos dicirvos que o xoves subirémosvos unhas lecturas dixitais. Son catro libros en castelán e en galego para que leades. Deixarémosvos unhas claves para que os teñades . Son de Santillana.

Estade atent@s!!Risa

Solucións tarefas luns 27 abril

O QUE TEDES QUE MIRAR HOXE 27 DE ABRIL

Contidos novos:

  1. Aviso importante.
  2. Tarefas novas 27 de abril.
  3. Solucións tarefas 24 de abril.
  4. Xogos de matemáticas para traballar as horas.
  5. Tarefa de inglés 27 a 30 e solucións 20 a 24.

AVISO IMPORTANTE

Estimadas familias, é importante que miredes habitualmente a páxina de Inicio porque aí se van poñendo novas e suxestións de interese xeral.

Por outra parte, despois de 6 semanas de confinamento aínda hai nena@s d@s que non temos ningunha noticia. Como di a Directora nesa páxina de inicio, é moi necesario manter o contacto entre o alumnado e o profesorado, polo tanto, tod@s @s que non se comunicaron con nós deberían facelo ao longo desta semana para contarnos como están, se están traballando, se teñen dificultades... Os nosos correos son:

belencm.cuarto.b@gmail.com

carlota.cuarto.a@gmail.com

Por último, lembrade que os días 1 e 4 de maio son festivos, polo que subiremos contidos novos os días 29 de abril, e 5 e 7 de maio. Logo seguiremos cos luns, mércores e venres.

Moitas grazas pola vosa colaboración sen a que sería moi difícil que @s nen@s foran capaces de seguir coa súa aprendizaxe. Xa queda menos!!!

Tarefas novas 27 de abril

Hoxe, ademáis das tarefas habituais, engadimos unha do tema 3 de Ciencias Sociais. Collede o libro e repasádeo, Tamén vos suxerimos uns vídeos moi interesantes que vos axudarán a recordalo mellor. O mércores subiremos outra ficha do mesmo tema e o martes 5 as solucións.

Solucións tarefas 24 de abril

Xogos para traballar as horas

Bo día alumn@s, hoxe tráiovos uns xogos para aprender e repasar as horas dunha maneira divertida e lúdica.

 

Neste enlace (https://juegosinfantiles.bosquedefantasias.com/horas-reloj) tedes as seguintes actividades:

 

+ Los minutos: neste xogo tedes que manter pulsado co rato na agulla dos minutos e desprazala ata a posición que se vos indica.

 

+ Iguala las horas parte 1: agora deberedes de clicar na hora escrita que represente a que aparece no reloxo.

 

+ Iguala las horas parte 2: esta vez deberedes facer á inversa, clicar no reloxo que represente a hora escita. 

 

Se xa comprendedes ben as horas con reloxos analóxicos practicade directamente o xogo que aparece neste enlace: http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Infinity/juegos/que_hora_es/que_hora_es.htm Nel deberedes de colocar as agullas das horas e dos minutos para que o reloxo represente a hora que se vos pide.

 

E déixovos aquí unhas actividade para traballar a hora cos reloxos dixitais:

 

+http://www.cyberkidz.es/cyberkidz/juego.php?spelUrl=library%2Frekenen%2Fgroep5%2Frekenen1%2F&spelNaam=Reloj Esta actividade está moi ben porque o reloxo é moi preciso, se movemos a agulla dos minutos (ao igual que se o facemos cun reloxo de verdade) moverase tamén a das horas, polo que deberemos ter coidado ao indicar a hora correcta.

 

+ https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-matematicas/juego-relojes-digitales

 

Espero que tras traballar as horas con estas actividades xa non teñades ningún problema para ler as horas tanto en reloxos analóxicos como dixitais!

 

Como sempre digo, para calquera dúbida ou consulta xa coñecedes o meu correo pedagoxiaterapeutica22@gmail.com

Un saúdo a tod@s! 

Tarefas inglés do 27 ao 30 de abril e solucións(20-24)

Ola nenoa e nenas.Unha semana máis que remata,e aquí estamos de novo para poñervos un pouquiño de traballo e que non esquezades o aprendido.

Unha aperta forte e moito ánimo.

Tarefas novas 24 de abril

Tutoriais de matemáticas

Mirade estes videos de repaso  que vos poñemos  nos enlaces de aquí  debaixo das divisións por dúas cifras. Están moi clariños. Esperamos que vos axuden a recordar aos que o precisedes! 

https://youtu.be/KxPT7y_48sg

https://youtu.be/8b7E99vA6SA

Distribuir contido


by Dr. Radut