Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

4º de Educación Primaria

4º de Educación Primaria

Tarefas novas 25 de maio

Ola rapaces, que tal ides? Agardamos que ben, xa estamos na derradeira semana de maio!! Ánimo que o estades facendo moi ben.

Agora toca repasar a Unidade 1 de Ciencias da Natureza, como decimos sempre, collede o libro. Este tema gustouvos moito e vos resultou moi fácil.

Para matemáticas mirade todo o que vos propón Xulio porque coma sempre está xenial.

Bicos,

Belén e Carlota

Solucións tarefas 22 de maio

Actividades de reforzo en matemáticas 25_05_2020

Bos días alumnos, estas son as actividades de reforzo de matemáticas para esta semana.

 

Actividades de decimais e euros:

https://www.cokitos.com/sumar-dinero-monedas-de-euro-e/play/  con este xogo deberedes ir completando un crebacabezas resolvendo as sumas decimais que se vos propoñen. Ao principio do xogo pulsade en tódalas moedas para que nas operacións aparezan todas.

http://lapandilladelarejilla.es/juegos-monedas/ esta actividade consta de 3 xogos, vós ides xogar a “Juego de monedas 2” y “Juego de monedas 3”, porque son os máis adecuados ao voso nivel.

En juego de monedas 2 deberedes introducir os euros que necesitades para comprar o artigo que vos aparece e pulsar en CHECK e se acertastes despois premedes en NEXT. Se vos equivocades pulsade en RESET e volvede a intentalo.

Por outra banda, en “Juego de monedas 3” sondes os donos dunha tenda, e tedes que darlle o cambio á xente que ven a comprar os artigos que vedes na pantalla. COST é o prezo do artigo e GIVE CHANGE FROM é o que vos pagan, deberedes darlles a volta correcta e pulsar en CHECK e NEXT igual que no xogo anterior.

 

Multiplicación con decimais:

https://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/eltanquematematico/todo_mate/openumdec/mult_dec/mult_dec.html Este xogo primeiro explícavos como se fan as multiplicacións de números decimais por un número natural e despois proponvos varias multiplicacións que tamén vos corrixe.

 

Sumas decimais:

https://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/eltanquematematico/todo_mate/sumayresta_d/suma/suma_p.html Esta actividade é moi útil pois primeiro ensínavos a colocar os números decimais e logo corríxevos as sumas.

 

Restas decimais:

https://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/eltanquematematico/todo_mate/sumayresta_d/resta/resta_p.html Actividade igual de útil e explicativa que o xogo anterior.

 

División por 1 cifra:

https://www.matematicasonline.es/flash/divisiones/division1.html

Esta páxina paréceme moi boa e moi interesante porque xa realiza as divisións poñendo o resultado das restas directamente como facedes vós e déixavos poñer os números que queredes dividir.

 

División por 2 cifras:

https://www.matematicasonline.es/flash/divisiones/division2.html

O mesmo tipo de actividade que a anterior, é moi útil para repasar.

 

E isto é todo alumn@s, con estas actividades podemos repasar xogando, e se aprendemos divertíndonos mellor que mellor.

Un saúdo a tod@s e moito ánimo que xa pronto chegan as vacacións merecidas!

Xulio.

TAREFAS INGLÉS SEMANA 25-29 MAIO

Tarefas novas 22 de maio

Ola nen@s!! 

Aquí vos deixamos as tarefas novas para hoxe. Recordade que as solucións da tarefa das Letras Galegas que vos subimos para esta semana poñerémola o luns 25.

Bueno, xa saberedes que se todo vai ben e cumprimos as condicións, este luns pasaremos á 2ª fase do desconfinamento e xa estaremos outro pasiño mais cerca de levar unha vida un pouco mais parecida á de antes. Que ben!!

Xa sabemos que xa ides cans@s. No cole as profes cando estamos con vós, por estas datas, xa volo notamos pero pensade que vai faltando pouquiño para as vacacións e tedes que facer o último esforzo.Veña, ánimo!!

Bicos!Guiño

Carlota e Belén 

Solucións 20 de maio

AVISO IMPORTANTE

 

Estimadas familias:

Co paso probable á fase 2 o vindeiro luns 25, pensamos que é posible que vos acerquedes ao colexio recoller o material dos vos@s fill@s que quedou nas aulas.

Para evitar que se xunte moita xente farémolo así:

 Mércores 27, de 11:00 a 12:00 o alumnado de 4º A e 4º B dos números 1 ao 12. 

  Mércores 27, de 12:30 a 13:30 o alumnado de 4º A e 4º B dos números 13 ao 25.

Os de 4º A teredes que subir pola escaleira da esquerda e os de 4º B pola da dereita respectando sempre a distancia de seguridade de 2 metros.

Levade unha bolsa grande ou mochila.

Ao mesmo tempo teredes que deixar no colexio todo o traballo feito polos vos@s fill@s dende que comezou o confinamento, as tarefas postas polas titoras. Procurade levalas ordenadas por datas ou por materias e co nome posto.

Os libros que son de préstamo haberá que devolvelos máis adiante, cando remate o curso, poñerase a data na páxina web.

Se a alguén lle resulta imposible acudir na quenda que lle corresponde que se poña en contacto con nós a través do correo electrónico.

Moitas grazas e un saúdo,

Belén e Carlota

Tarefas 20 de maio

Agora imos repasar a unidade 1 de Ciencias Sociais, collede o libro!!

E tamén vos deixamos uns vídeos para refrescar a memoria:

https://www.youtube.com/watch?v=_sbrtB0nWnE

https://www.youtube.com/watch?v=Hk88dpJA1pQ

https://www.youtube.com/watch?v=Z4GMgIJzrYw

Solucións tarefas 18 de maio

Tarefas de Lingua semana do 18 ao 22 de maio

Distribuir contido


by Dr. Radut