Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

4º de Educación Primaria

4º de Educación Primaria

Solucións tarefas do día 17 de xuño

Ola nen@s! Aquí vos deixamos as solucións das últimas tarefas.

Y de novo...BOAS VACACIÓNS!!

Carlota e Belén

                                       

Ficha de matematicas de “Las chicas de los bolsos”

Ola a tod@s!!

Deixámosvos aquí a ficha  de razoamento  co texto que falta . Perdoade, como eran tres fichas seguidas "comíusenos" o texto de esta Risa.¡Mal o podíades resolver sen os datos para investigar!

O venres subirémosvos  as solucións! Guiño

Tarefas novas 17 de xuño

DESPEDIDA

Estimadas familias, hoxe poñemos as derradeiras tarefas deste curso e o venres as solucións.

Queremos felicitarvos a tod@s, nen@s, nais , pais..., polo voso esforzo e dedicación, sobre todo neste último trimestre tan especial. Sabemos que houbo momentos difíciles pero tod@s o fixemos o mellor que puidemos.

Quedamos con pena por non poder facer unha despedida con tod@s @s nen@s. En setembro nos veremos polo colexio!! Agardamos que non vos esquezades de nós!!

De cara ao verán as recomendacións de sempre, jajaja: ler todos os días, escoitar música, explorar a natureza, apreciar unha obra de arte ou facer o voso deporte favorito, hai tempo para todo, tamén para repasar un pouco os contidos que quedaron un pouco frouxos.

Xa sabedes que podedes contar con nós para o que necesitedes.

Moitos bicos das vosas profes, SorrisoGuay

Belén e Carlota 

                                                          

Solucións tarefas 15 de xuño

Tarefas novas 15 de xuño

 

NOTA IMPORTANTE!!

Queridas familias,

Parece ser que OS BOLETÍNS coas notas que saen por Abalar Móbil non levan as observacións. Se queredes que vos mandemos o boletín enteiro por e-mail, facernos a petición  aos nosos correos (así xa nos queda actualizada a vosa dirección de correo electrónico).

Se non recibimos nada da vosa parte, entendemos que usades o Abalar Móbil.

Un saúdo.

 

Carlota e Belén

 

OS SENTIDOS

 

 Ola nen@s! Ainda seguides con nós?

  Hoxe en Ciencias da Natureza ides repasar os órganos dos sentidos . Para axudarvos a recodar este tema, mirade estes videos que vos deixamos.

 Dentro video!!

 

A vista

 

O oído

 

O gusto

 

O olfacto

 

O tacto

 

Seguide despois de ver os videos coas tarefas  novas das demais asignaturas e coa revisión das solución das tarefas do día 12.

 Ide ben relaxados, repartídeas ou deixade algunha para mais adiante se queredes, que xa nos faltan moi poucas tarefas e non hai apuro.


Moi ben para @s que as seguides facendo ainda que xa esteades moi cans@s!!! 

APLAUSOS MOI MERECIDOS!!

 

 Moitos bicos!SorrisoSorriso

Carlota e Belén

 

                                                   

Solucións tarefas do día 12 de xuño

Tarefas novas 12 de xuño

AVISO PARA AS FAMIIAS

Puxemos o martes 16 para que entreguedes os libros de préstamo, mirade o horario na páxina inicial. Ese día vos podedes levar para casa o traballo feito que nos leváchedes. 

Veña rapaces, é o derradeiro venres!!!! De plástica e valores xa non vai haber mais tarefas.  Das linguas, ciencias e matemáticas quedan o luns e o mércores e rematamos.

Moitos bicos,

Belén e CarlotaSorrisoSorriso

SOLUCIÓNS Actividades de reforzo en matemáticas 12/06/2020

Bo día alumnos! 

Aquí tedes as solucións dos enigmas matemáticos desta semana. Hoxe xa acabamos as actividades por este curso así que xa podedes descansar e desfrutar das tan ansiadas vacacións! 

Unha aperta moi forte e que as desfrutedes moito! 

Xulio.

Solucións tarefas 10-6

Tarefas novas do día 10 de xuño

 

A ALIMENTACIÓN DOS SERES VIVOS   NOS ECOSISTEMAS

 

Ola nen@s!

Hoxe en Ciencias da Natureza imos repasar, na ficha que vos propuxemos, de qué tipo son os seres vivos según cómo se alimenten. Lembraremos  qué é a cadea tròfica.

 

              

 

 

Mirade   nestes videos qué ben o explican!

         A cadea trófica

         Os ecosistemas:relación e nutrición

 

Coma sempre, aquí debaixo vos quedan as catro tarefas novas para hoxe e as solucións do luns 8.

Veña, un pouco mais, que xa estamos na conta atrás para as vacacións de verán!!

 

                    

 

Moitos bicos!Risa

 

Carlota e Belén

 

Distribuir contido


by Dr. Radut