Plan Proxecta 20/21: "Protexe ós animais"

UNHA MASCOTA VIRTUAL

Non todo o mundo pode ter unha mascota. Por alerxias, por falta de espazo ou de tempo para atendelo. E por iso que os alumnos de 5 anos traballaron coidando unha mascota virtual. Coa creación duns carnés individuais rexistraron os coidados das mascotas virtuais que ían creando , despois de que cada un escollera o nome para cada unha delas. Darlle de comer, sacalo a pasear, lavalo e darlle coidados médicos, darlle cariño ... Terán que asumir responsabilidades e anotar os avances da súa mascota.

Xogos de mesa

 

Aproiveitamos a temática dos animais para sacar varios xogos de mesa cos que aprendemos varios conceptos,ademais de divertirnos!

FRIAN COS ANIMAIS: FRIAN CONTRA O ABANDONO "RECOLLIDA SOLIDARIA PARA OS BIOSBARDOS"

Este xoves remataba o prazo para a recollida de material solidario para os animais abandonados. A protectora escollida foi "Os Biosbardos" de Ponteareas coñecida polo gran número de actividades e iniciativas para estes animais. A resposta de toda a comunidade educativa foi espectacular , nos deixaron sen palabras coa implicación que demostraron . Sacos de pienso, latas, chuches dentais ,mantas, correas,comederos, elementos de hixiene e desparasitación.... 

 

 

Hoxe procedemos ao sorteo dos seis lienzos de Romero Brito elaborados polos nosos cativos de Infantil. Varias mans inocentes foron os encargados de tal responsabilidade. Aquí vos deixamos un pequeno resumo do sorteo e dos afortunados!!!!

 

 

GRAZAS POR AXUDAR A CONCIENCIAR AOS NOSOS CATIVOS CARA O RESPETO POLOS ANIMAIS!!!!

OS ANSIADOS AGASALLOS DA RIFA

ISTO É UNHA PASADAAAA !!!!

                  ESTOS SON OS AGASALLOS QUE AGARDAN PARA OS PREMIADOS NA RIFA DA NOSA RECOLLIDA SOLIDARIA EN FAVOR DA PROTECTORA DE ANIMAIS BIOSBARDOS.

                MOITAS GRAZAS A TODOS OS QUE ESTADES A POÑER O GRANIÑO DE AREA NESTA INICIATIVA. ESTAMOS TENDO UNHA RESPOSTA INCRIBLE E OS PEQUECHOS ESTÁN VIVINDO CON PAIXÓN A IMPORTANCIA DE COLABORAR, SER COIDADOSOS COS ANIMAIS E A FORZA QUE, SENDO TAN PEQUENOS, PODEN TER NA SÚA CONTORNA. 

XA QUEDA MOI POUCO PARA O SORTEO E A ENTREGA DO RECAUDADO !! GRAZAS A TODOSS!!

 

ALGÚNS DOS ELIXIDOS

OS ELIXIDOS

AHI TEDES ALGÚNS DOS ENCARGADOS DE ESPALLAR POLO BARRIO AS NOVAS DA RECOLLIDA SOLIDARIA, REPARTINDO EN SITIOS ESTRATÉXICOS A NOTICIA DA INICIATIVA TAN SOLIDARIA.    

Powered by Drupal - Design by artinet