Plan Proxecta 20/21: "Protexe ós animais"

LECTO EN MOVEMENTO

                        

                   Escollemos a mascota que máis nos gustaba para decorala estampando cores, recortando e escollendo un fondo. A partires de ahi, arrancou a carreira das letras. Nela tiñan que ir na procura das letras do nome, que atopábanse ao final dun percorrido polo corredoiro do cole, e voltar a pegalas na súa obra, unha a unha e sen poder coller as que non lle pertencian. Ahí foron conscientes dos nomes longos, curtos, orde das letras,... 

 

                  

Cancións e Cancións

            Aprendemos cancións relacionadas cos animais de compañía, coma "O señor don Gato", "La gallina Turuleta", "Señora Vaca", "Cinco ratoncitos vi"... e bailamos activando todas as partes do noso corpo, imitando aos distintos animais.

            

 

                 Tamén coloreamos as disntintas partes da galiña seguindo o código numérico con moita atención.

A IMPORTANTE AXUDA DAS MASCOTAS

                Na vida das persoas ten moita importacia a axuda que prestan os animais,non só compañía, senón tamén en rescates, salvamento, apoio a persoas con algunha discapacidade, como os cans guías, mobilidade reducida... Poidemos ver aos cans en acción a través dunha selección de vídeos, quedando abraiados da intelixencia,fortaleza e delicadeza que amosaban. 

                 

CONTO "PELAMBRE"

 

 

                      Tivemos a ocasión de escoitar o conto de "Pelambre", un gatiño que non valoraba os coidados da súa dona Amelia, e que logo de escapar acabou por entender o esforzo da nena por telo coidado e protexido.

 

         

A HIXIENE DAS MASCOTAS

                        Descubrimos que igual que os humáns, e no mundo do cine, as mascotas tamén teñen perruquerías para quedar limpiños e guapos. Vimos uns vídeos e despois preparamos artísticamente unha sesión de spa para os canciños, fabricando pompas e unha pedicura impecable.

 

                         

Powered by Drupal - Design by artinet