Plan Proxecta 20/21: "Protexe ós animais"

XOGO MASCOTAS

 

                         ENCÁNTANOS XOGAR EN EQUIPO CO NOSO XOGO DAS MASCOTAS

 

                

 

 

Romero Britto en 4 anos A

Na clase de 4 anos A tocounos aprender sobre as profesións, e aproveitamos a ocasión para converternos en pintores e facer un cadro de Romero Britto.

Encantounos!!!

"UNHA RECOLLIDA DE CINE"

Os nosos cativos están moi concienciados con axudar aos nosos "Amigos de corazón" e de axudar a todos aqueles que foron abandonados e coa axuda das protectoras poden saír adiante e atopar un fogar. Por iso levamos adiante a seguinte iniciativa que titulamos

"Unha recollida de cine".

Todos as aulas de Educación Infantil elaboraron unhas replicas duns lienzos do artista brasileño Romero Britto , do que é ben coñecido o seu amor polos animais. Todos os nosos cativos crearon e elaboraron estes lienzos utilizando diferentes materiais e técnicas. O resultado é sen dúbida precioso. Por iso queren sortear estes lienzos para todas as familias do Frian que queiran participar e axudar aos nosos peludiños.

Aquí vos deixamos o cartel desta iniciativa con todas as instruccións e un pequeno video resumo do traballo dos nosos pequenos e dos lienzos que formarán parte do sorteo solidario!!! 

 

RECOLLIDA A ENTRADA E SAÍDA NO PORTALÓN DE ABAIXO A PARTIRES DO 8 DE MARZO.

O SORTEO LEVARASE A CABO O DÍA 25 DE MARZO POR UNHA MAN INOCENTE!!!

 

 

MASCOTAS CON MATERIAL DE REFUGALLO

Son tantos os materiais cos que contamos para facer manualidades que ás veces nos esquecemos de que os materiais de refugallo son os máis utiles e que fomentan a nosa creatividade. Con caixas de ovos realizamos cadros das nosas mascotas favoritas. 

 

 

UNS LAPBOOK ORIXINAIS

                          

 

                ESTE TRIMESTRE OS CATIVOS DE TRES ANOS FIXEMOS O NOSO LAPBOOK DOS NOSOS PROXECTOS DO CINE E DA MASCOTAS.NEL PEGAMOS A FOTO DA MASCOTA QUE TEMOS NA NOSA CASA OU QUE NOS GUSTARÍA TER E FIXEMOS O SEU NOME CO SELO DE LETRAS.

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet