Plan Proxecta 20/21: "Protexe ós animais"

XOGOS DE LÓXICA E CONSTRUCCIÓNS SOBRE MASCOTAS

    Chegaron as nosas mans novas propostas de xogos relacionadas cas mascotas.

    Por unha banda o xogo de mesa "Catch It" de guola, para a discriminación de animais, formas, cores e tramas; doutra un novo Tangram para crear mascotas compoñendo cas distintas pezas,outo de pezas xeométricas con plantillas de animais,un set da Torre rosa ca que poder crear casiñas e distintas edificacións para facer fogares e un xogo de emparellamento de familias e tamaños variados. Foi todo un acerto.

                  

  

                           

 

 

AS MASCOTAS ESTÁN DE MODA

             Co paso dos días, os cativos fóronse dando conta da presenza das mascotas en moitas ocasións da súa realidade. Decatáronse de que nos xerseis,calcetíns.. aparecían moitos animais domésticos. As mascotas son parte da moda.

         Xurdiu deles a idea de inmortalizar os días nos que na súa roupa levaban debuxos de mascotas, que para sorpresa, era a diario. Dunha forma moi divertida, cada vez que aparecía algún, tratabamos de contar algo de ese animal, e así enriquecer a nosa fala e coñecementos sobre as distintas especies e as súas necesidades.

 

              

              

CÓMO DEBUXAR UN GATO

      A clase de 5 anos A coa celebración do día da poesía, aproveitou para traballar un poema de Gloria Fuertes chamado "Como se debuxa un gato". Aquí temos o resultado das nosas creacións.

 

                      

DETECTIVES DE MASCOTAS

                    Por quendas, os disntintos grupos de Educación Infantil foron disfrutando ca mestra de apoio dun xogo cas mascotas coma protagonistas.

              Os animais fuxiron deixando pegadas e tiñan que procurar atopar aos causantes de tal misterio. Divertíronse moito seguindo os rastgros e traballando de xeito lúdico a discrinimación de formas, vocabulario... Un misterio peludo !!!

 

                

ANÍMATE A ADOPTAR !!!

O alumnado de Educación Infantil non quere deixar de colaborar para que todos os animais que están desprotexidos e abandonados teñan unha vida mellor. Moitas protectoras axudan e colaboran de xeito altruista para darlle a estes peludos unha vida mellor e máis digna, pero cada vez son máis os que necesitan un fogar. No Frian colaboramos coa protectora Biosbardos para poder axudar a algúns destes amigos que están na protectora . 

 

Powered by Drupal - Design by artinet