Plan Proxecta 20/21: "Protexe ós animais"

Coñecendo aos animais

Os nenxs de 5 anos aproveitando que estamos a traballar os coidados e características das mascotas decidimos indagar e coñecer máis sobre os animais, xogando na clase a ordenalos e clasificalos.

Aprendimos unha morea de cousas sobre eles.

 

 

 

Mans a obra!

Os nenxs de 5 anos fan o seu propio canciño con material de refugallo:pinzas,témpera e anacos de fieltro.

 

Unha mascota chea de cor

Unha mascota chea de cor.Inspirándonos na obra de Romero Britto os nenxs de 5 anos fixeron a súa propia versión ,dándolle o seu toque persoal!

IBOTS E OS TABOEIROS DE MASCOTAS

                      

                     Ca colaboración e traballlo conxunto da nosa biblioteca, tivemos a ocasión de disfrutar dos "IBOTS", uns divertidos robots que móvense por riba duns taboeiros seguindo as nosas instruccións. Trátase de facer accesible a tecnoloxía no ciclo de infantil, dende o xogo e a creatividade, sentando as bases da programación no mundo dixital, que anos máis tarde terá o seu reflexo en cursos superiores.

             Na procura das mascotas e as súas cousas, ían pedíndolle aos robots, tecleando no seu lombo as órdes, os movementos que precisaban para chegar ao seu obxectivo.

                     "parece máxia, fai o que lle dicimos" repetían os cativ@s.

 

                      

             

A NOSA MASCOTA DIXITAL

              Despois de coñecer as necesidades das mascotas, foron quén de entender que non todos podían ter nos seus fogares a responsabilidade de atender unha mascota... pero buscamos unha solución...Crear unha mascota dixital cunha app na tablet de profe Auri. 

             Tiñan que erguelo da camiña, bañalo, cepillalo, facer a compra con moedas na neveira e darlle de comer. Ademáis precisa de xogar, sair ao xardín, no que teñen que limpar, eliminar abellas,... así é máis doado practicar e decidir con sentidiño se de maiores terán esas tarefas de verdade.

             

             

Powered by Drupal - Design by artinet