O CEIP Fontes Baíña esta mañá conectouse a youtube para ver o estreo do videoclip XERACIÓN ALPHA, canción composta polo alumno ANXO SOTELO do CEIP de Belesar. O compañeiro de 11 anos compuxo esta canción para dar a coñecer o seu sentimento cara o acoso escolar. Forma parte dunha mini banda chamada 42ºN.
Podes ver o videoclip oficial no seguinte enlace:
https://www.youtube.com/watch?v=1MsBmCJGXp8
A federación das ANPAS do Val Miñor da unha charla no centro neutral de Gondomar, local 18 o próximo xoves 09/05 ás 17:30h, inscrición previa no seguinte enlace:
https://favalmi.org/formacion-sobre-o-acoso-escolar/
Para ler a carta clica no adxunto