Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Estamos de estrea!! PIANO NOVO

NO CEIP FONTES BAÍÑA portámonos moi ben; os Reis Magos trouxéronnos un fermoso PIANO para a aula de música.

Grazas ao xefe territorial CÉSAR A. PÉREZ ARES por este valioso agasallo!!!

Traballos sexualidade en 6º Primaria

 

Esta semana as nenas e nenos de 6º Educación Primaria estiveron traballando o tema da reprodución en clase de naturais.

Aproveitamos a ocasión para ampliar os contidos do libro e explicar todo o que necesitamos saber sobre a menstruación, os nosos dereitos sexuais e reprodutivos, e algúns conceptos fundamentais como a diferenza entre orientación, identidade e expresión de xénero.

Aquí tedes o resultado do seu traballo!

 

 

 

Álbum: Curso 2021-2022 -> traballos 6º EP

14/01/2022: PROTOCOLO DE VIXILANCIA E CONTROL EPIDEMIOLÓXICO FRONTE AO VIRUS SARS-CoV-2 (COVID-19) NO ÁMBITO EDUCATIVO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA

        PROTOCOLO DE VIXILANCIA

 

 

PARA LER O PDF COMPLETO FAI CLICK NO LINK

Actualización Protocolo Covid 30/12/2021

Estimadas familias:

De acordo coas novas pautas establecidas a nivel nacional, os casos activos deberán seguir un illamento de 7 días máis 3 de vixilancia activa contados desde o inicio de síntomas ou a toma de mostra para proba diagnóstica no caso de asintomáticos. Os contactos estreitos de 12 ou máis anos con pauta vacinal completa seguirán unha vixilancia activa durante 7 días con especial atención ao inicio de síntomas. Os menores de 12 anos e outras persoas sen a pauta vacinal completa deberán facer unha corentena de 7 días máis 3 de vixilancia activa. A pertinencia de probas diagnósticas, test de detección, etc, serán sempre determinadas por Sanidade en función da situación e protocolos en cada momento.

En todo caso, os períodos de corentenas e illamentos serán os que Sanidade paute nas súas guías e protocolos, que son documentos vivos e van adaptándose á situación cambiante.

En arquivos adxuntos podedes ver a actualización na detección e manexo de casos de infección activa polo virus SARS-Cov-2 en atención primaria e a abordaxe dos contactos estreitos.

Agardando que a situación sanitaria mellore reciban un cordial saúdo.

Enlaces aos traballos de 4º de Primaria

Este trimestre as alumnas e alumnos de 4º de Primaria traballaron moito; nos seguintes enlaces poderedes velo:
 
  • Exposicións dos seus traballos en cartolina de Naturais:
 
  • Exposicións das maquetas feitas co tema "como contolamos o tempo" de Sociais:
 
  • E por último, e o que máis ilusión lles fixo a todos/as, a dramatización dunha adaptación dun conto chino feito pola titora Aracely, por 4º de Primaria, titualado "O ladrón de sonos"- Conto orixinal "El ladrón de sueños".
  •  Tomas falsas e o making off de como fixemos todas as montaxes:
 https://youtu.be/WAk6hs2U8tU
 
Noraboa!!!

Proxecto VINCÚLATE

 VINCÚLATE é un proxecto de traballo de intelixencia emocional a través de intervencións asistidas con animais. 

Ten como finalidade crear vínculos positivos de axuda ao desenvolvemento integral das persoas e polo tanto á creación dunha sociedade mellor.

En arquivos adxuntos podedes ver a función protagonizada polos nosos alumnos  e alumnas MARTÍN, AINARA, UNAI E ALEIX xunto con ÍTACA, que se portou súper ben.

BOLBORETAS POLO VENTO - 25 NOVEMBRO 2021

 

clica na imaxe para escoitar a fermosa canción coa que as alumnas e alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria, acompañados ao piano pola súa mestra de música EVA, nos EMOCIONARON!!

Título da canción: BOLBORETAS POLO VENTO

Autor: JOSE CARLOS GONZÁLEZ FERNÁNDEZ

Arranxo musical:EVA FERNÁNDEZ REINALDO

 

MOCHILAS IGUALDADE curso 2021-2022

As MOCHILAS da IGUALDADE do CEIP Fontes Baíña comezan a súa andaina polos fogares das nosas alumnas e alumnos, cargadiñas de Xogos, Libros, Bonecas/Boneco libres de estereotipos e misións importantes...

 *CONTA CONTOS* XOVEN INVENTORA *ASTRÓNOMA *BUSCADORA DE FÓSILES *SAMMI PERIODISTA ENTREVISTA A 1 MULLER ESCRITORA OU DEPORTISTA *ARTISTA *BEBÉ AFRICANO *A FADA DOS BOSQUES *FOTÓGRAFA

 

 

Álbum: Curso 2021-2022 -> MOCHILAS IGUALDADE Ceip Fontes Baíña

PREMIOS DO CONCURSO DE CREACIÓN ARTÍSTICA

No transcurso do acto de conmemoración do 25 N, coñecemos os nomes dos premiados e premiadas do concurso de creación artística promovido pola ANPA no marco do proxecto A igualdade: un mar de oportunidades.

 Segundo as bases do concurso, estaban establecidas unha categoría para cada curso de infantil e de primaria e unha para as familias e o profesorado.
 
Velaquí o nome das persoas afortunadas:

4.º Educación Infantil: Xandre Sancho Fernández
5.º Educación Infantil: Alejandro José Simil Iglesias
6.º Educación Infantil: Jeanine Octchere Giraldez
1.º Educación Primaria: Estela Deaño Álvarez
2.º Educación Primaria: Adrián Rodal Misa
3.º Educación Primaria: Iria Vila Álvarez
4.º Educación Primaria: Samuel Rodríguez Suárez
5.º Educación Primaria: Inés Silva Giráldez
6.º Educación Primaria: Lúa Goce López
Profesorado e Familias: Azucena Diaz Pérez

As persoas gañadoras recibiron un libro sobre a temática da igualdade adaptado a cada categoría, adquiridos a través da subvención recibida por parte da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia:
 

O concurso, aberto ao alumnado, ao profesorado e ás familias, pretendeu fomentar na comunidade educativa os valores da igualdade e a prevención da violencia da xénero, plasmando nas obras as temáticas traballadas no marco do proxecto da ANPA: a igualdade, a muller do mar de Baiona a e as novas tecnoloxías.
 
En total houbo 40 participantes: 38 nenos e nenas, unha mestra e unha mamá.
 
Moitas grazas a todos e todas as artistas pola súa participación!

 

 
Distribuir contido


by Dr. Radut