try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

SAÍDA AO CINE

E nesta semana tan de "ponte", nada mellor que acabar a semana cunha saída ao cine en Vigo. Atentos á cartelera!

P.D Mochila pequena con mascarilla, bocata e auga. Dos flocos de millo encargámonos nós.

 

RESULTADOS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Unha vez finalizado o proceso de elección dos representantes das familias no Consello Escolar, publícanse os resultados nos seguintes enlaces.

CERTIFICADO DO ESCRUTINIO realizado polos membros da mesa electoral.

ACTAS DAS REUNIÓNS da Xunta Electoral.

25 N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O pasado 25 de novembro, conmemoramos o Día internacional contra a violencia ás mulleres con diferentes actividades, nas que participamos todas e todos con moita ilusión e convencemento. Para ver unha mostra do que fixemos, pinchade na foto para ver esta montaxe feita polo equipo de Extraescolares:

Participamos no Pleno do Concello contra a violencia de xénero

O pasado venres, o alumnado de 6º participou no Pleno infantil xunto cos nenos e nenas doutros centros escolares do Concello. Diego Sousa e Mara González, en representación dos seus compañeir@s presentaron propostas para concienciar e visibilizar a igualdade, nesta Conmemoración, do 25N, Día Internacional contra a violencia ás mulleres.

Pinchade na imaxe para ver o vídeo

EU GOSTO DO MAGOSTO!

O pasado día 11 de novembro, pasamos un Día do San Martiño moi entrañable coa celebración do MAGOSTO.

Tivemos música, da man das nosas pandereteiras do cole. Tamén gozamos dunhas riquisímas castañas asadas, grazas á colaboración da AMPA. E por último unhas xornada de xogos populares, organizados con moita ilusión pola profe Coral e o equipo de extraescolares, nos que misturados por cursos gozamos ata o último minuto.

Pinchade na imaxe para ver a galería de fotos.

CANDIDATURAS E MEMBROS DA MESA ELECTORAL 2022

No día de hoxe efectuouse a proclamación das candidaturas dos diferentes sectores e o sorteo e designación dos membros que conformarán a mesa electoral das familias o vindeiro día 29 de novembro.

 

Para ver a ACTA da 2ª reunión da Xunta Electoral PINCHE AQUÍ.

SAMAÍN EN REBORDÁNS

Ola familias!

Como todos os anos, o Samaín chegou ao cole de Rebordáns. Entre cabazas, tradicións, medo e lecturas ás escuras gozamos con esta celebración. Coma sempre, un agradecemento especial ás familias pola vosa implicación na exposición de cabazas. Menudas maravillas!

Pois pinchade na foto para acceder á galería e disfrutar con nós.

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

Iniciamos o mes da ciencia coa visita dos científicos Amparo e Suso do Museo Científico de Gondomar. Viñeron a ensinarnos ciencia relacionada co noso proxecto deste curso: o cine.

Experimentamos observando as primeiras imaxes en movemento da historia do cine (zoótropo) e as imaxes do futuro (hologramas).

Aprendemos o que son as luces estroboscópicas, xogamos coas sombras de cores e para rematar convertémonos en ciéntificos comprobando cun disco de Newton que a luz branca está formada polas sete cores do arco da vella.

Quen sabe se hai algún futuro científico entre as nenas e nenos de Rebordáns!

Non volo perdades!

Premede na imaxe.

 E no noso recuncho de lectura do corredor, podedes botar un ollo a nosa exposición de libros de ciencia.

 

MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL 22.

Para coñecer o resultado do SORTEO polo cal se designan os titulares e suplentes da Xunta Electoral pinche AQUÍ.

FESTEXAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS

O luns 24 de outubro festexamos o Día das Bibliotecas resolvendo uns retos que apareceron no noso cole. E como somos uns fantásticos investigadores, despois dunha gran tarefa, conseguimos superalos todos!

Averiguamos que o tema do noso proxecto de centro para este curso será o cine, e descubrimos que o nome elexido para a biblioteca é a Tepoteca.

Ademais Tepo e Tepa tíñannos unha sorpresa final. Unha vez resoltas todas as probas, apareceron uns cofres. Averiguamos a contrasinal e abrimos o cadeado. No seu interior había entradas para acudir ao cine a Vigo.

Foi unha mañá moi especial e esperamos máis sorpresas!

Estade atent@s!

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido