try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Centro Abalar

O entroido da Ulla

Este ano coñecemos o entroido da comarca do Ulla que se desenvolve en Vedra, Boqueixón, A Estrada e Teo . O Entroido ten un significado moi especial co desfile dos "generales" e "correos". Os generales van a cabalo de parroquia en parroquia, acompañados por un grupo de persoas disfrazadas que constituen o que se llama unha "máscara". Os seus diálogos son satítricos, pero tamén pronuncian os "vivas" en honor da xente de "maior aprecio" e a cambio, toda a comitiva é obsequiada con doces e bebidas.

24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro

Fai 177 anos do nacemento dunha das figuras máis importantes na literatura de Galicia. Rosalía de Castro, naceu o 24 de febreiro de 1837 en ,en Santiago de Compostela. Poeta e novelista tanto en ligua galega como española.

Neste video da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega,"Todas con Rosalía", un grupo de escritoras galegas quixo unirse para continuar dando vida a Rosalía nun vídeo colectivo no que teñen cabida palabras e músicas de mulleres, nenas, mozas e vellas. Mulleres falando de mulleres, e ao tempo, falando de todos e para todos nós, falando dos que aquí e agora sofren, seguindo o exemplo de conciencia e rebeldía da grande escritora ao recitar os seus versos desde o presente.
As gravacións amateurs foron montadas e editadas pola cineasta Raquel Rei. Participan, entre moitas outras, Marta Dacosta, María Canosa, Concha Blanco, Mercedes Leobalde, Berta Roca, Fina Casalderrey, Isabel Risco, Lorena Souto, Pilar García Negro,...

As mariñas coruñesas e as terras do Mandeo, declaradas pola Unesco reserva da biosfera

As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo son recoñecidas pola UNESCO como Reserva mundial da Biosfera. Trátase dun conxunto xeográfico onde as persoas fan o posible por un uso racional, respectuoso e cuidadoso das produccións e pola conservación de razas e variedades autóctonas, cunha rica gastronomía de ría e horta, con bos viños e cunha importante arquitectura.

30 de xaneiro, DÍA DA PAZ

Desde 1964, para conmemorar a morte de Gandhi celébrase o 30 de xaneiro o DIA DA NON VILOENCIA E A PAZ, recoñecido pola UNESCO en 1993.

Nesta data queremos lembrar a necesidade da educación para a tolerancia, a solidaridade, o respecto aos dereitos humáns, a non violencia e a paz.

Este video está editado por un membro da asociación de ecoloxistas Ben Magec. Con este video téntase dar a coñecer a situacion que se vive nos paises de África occidental subsahariana. A cancion é dun cantante de reegea de Costa de Marfil, coñecido polas numerosas críticas que fai nas súas cancións e polas súas tendencias rastafaris, motivos polos que sufriu varios intentos de asasinato.

Calendario 2014

"A escola dos nosos avós" é o título do  calendario que publicou o EDLG xunto coa biblioteca do Ceip Rebordáns. As fotografías corresponden a estudante de fotografía, María Correa Iglesias, ex alumna do noso centro.

Clicar, visualizar e descargar o calendario.

 

A escola dos nosos avós

Exposición " A escola dos nosos avós" on PhotoPeach

10 de decembro, Día dos dereitos humáns

Esta data lembra a data na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración Universal dos Dereitos Humáns para ter en conta a grupos con ameazas específicas: os pobos indíxenas,as minorías, os nenos e as mulleres.

 

 

 

 

Distribuir contido