try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

VISITAMOS A SALA CASTELAO NO MUSEO DE PONTEVEDRA.

O pasado xoves 9 de febreiro o alumnado de quinto e sexto de primaria realizou unha visita guiada á sala Castelao do museo de Pontevedra.

Premede na imaxe e poderedes ver unha pequena mostra.

 

 

Na Tepoteca poderedes atopar algunha das súas obras.

Achegádevos a botarlle unha ollada.

MANDATOS DE TEPO. ENTROIDO 2023

Aquí tedes os mandatos de Tepo!

Lembrade que son acumulativos! E o xoves.... todos de Charles Chaplin!!!!

   

       

OBRADOIRO DE XADREZ

 O xadrez é unha disciplina que activa o pensamento matemático, a lóxica, a anticipación, a percepción espacial, a concentración e a memoria entre outras cousas. De novo, un ano máis tivemos o pracer de contar con Brais e o Clube de Xadrez de Mos. Ao longo dun mes fixo que os nenos e nenas lembrasen o aprendido o ano anterior, aprendesen novas xogadas e estratexias, disfrutasen e agardasen con ansia a seguinte sesión. Mil grazas Brais. Vémonos o vindeiro ano.

SUSA HERRERA NA TEPOTECA!

Vaia sorpresa musical que tiñan preparada Tepo e Tepa na biblioteca!

Un concerto didáctico a cargo de Susa Herrera, acompañada das súas comadres Lara e Tere. 

Xunto con elas, ademáis de CANTAR e BAILAR, puidemos aprender datos interesantes sobre animais do noso planeta como o gorila, o crocodilo, o elefante, a xirafa... Porque ben sabedes que é moi importante coñecer, para así, poder comprender e respectar!

Continuamos cos obxectivos de desenvolvemento sostible, ODS 17: vida de ecosistemas terrestres.

Clicade na imaxe e mirade o ben que o pasamos!

VOLVEN OS BOOKTUBERS!

Tepo e Tepa esperan de novo as vosas fantásticas recomendacións.

Esperamos moitos vídeos!

6º DE PRIMARIA NA REBORRADIO

Os nosos locutores e locutoras de 6º de primaria radiáronnos un programa interesantísimo onde, entre outros temas, falaron sobre o día da Paz, data que temos presente todos os días do ano.

Seguimos traballando os ODS, neste caso o ODS 16: sobre a Paz, xustiza e institucións sólidas.

Pinchade na imaxe para escoitar a nova emisión de Reborradio.

 

DIA INTERNACIONAL DA PAZ E A NON VIOLENCIA

Ola a todos e todas!

Tepo e Tepa levan toda a semana moi interesados en saber por que hoxe se celebra o Día da Paz. As súas pesquisas deron froito e compartiron dita información no corredor do colexio para que tod@s estivésemos ao corrente.

Os pequechos e pequechas de infantil puxeron todo o entusiasmo para facer este fantástico mural da paz.

Hoxe homenaxeamos a personaxes como Malala Yusafzai, Ann Muzunchuck, Kailash Sathyarthi, Martin Luther King, Nelson Mandela ou Rigoberta Menchú. Que non sabedes quen son? Pinchade na foto.

O alumnado de Primaria de Rebordáns cóntavolo a través dos vídeos.

REBORDÁNS, CÁMARAS E...ACCIÓN!

ECO-RETO XANEIRO: DIVULGAMOS

E xa en xaneiro, ECO-RETO: DIVULGAMOS!!!!!

 

Nesta ocasión, os encargados da divulgación foi o alumnado de 6º curso, os cales prepararon varias presentacións adaptadas aos distintos niveis educativos do noso cole. Unha vez feitas, foron a todos os cursos de infantil e primaria para concienciar ao alumnado da importancia da reciclaxe. 

Presentaron os novos colectores que imos poñer no patio para os restos orgánicos e así darlle máis uso ao noso composteiro.

Deste xeito traballamos o obxectivo ODS 12, o ODS da reciclaxe e consumo responsable.

 

RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 23-24

XORNADAS DE FORMACIÓN DIXITAL PARA AS FAMILIAS

Ola familias!

Continuamos coa formación ás familias dentro do Plan Dixital do centro. Será en marzo e haberá servizo de atención aos nen@s durante os cursos. Non é necesario ter coñecementos de informática. Animádevos anotándovos no whatsapp do cole.

Distribuir contido