Blog de Voz Natura
COMEZAMOS!!!!!!
Enviado por karinaromero o Mér, 20/09/2023 - 14:02Comezamos a andaina presentando o cartel que VOZ NATURA propón para este curso. Pronto coñeceredes o nome do noso proxecto anual.
- %count lecturas
CARREFURDÁNS, O NOSO SÚPER
Enviado por karinaromero o Mar, 04/07/2023 - 11:11Xa temos en funcionamento o noso súper, quedou xenial e temos produtos frescos e de cercanía!!!!
Unha maneira de traballar múltiples contidos e de xeito creativo e lúdico.
- %count lecturas
DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
Enviado por karinaromero o Lun, 05/06/2023 - 22:27Hoxe, 5 de xuño de 2023, conmemórase o Dia Mundial do Medio Ambiente e nós quixemos facer algo para facer un pouco máis felia ao nos o planeta.
O alumnado de 1º curso fixo unha recollida de lixo nos arredores do cole, deixaron todo limpísimo!!!!
Os superheroes e superheroínas de hoxe e do futuro!!
Ao rematar, decidimos onde podiamos colgar as casiñas de paxaros que arranxamos e pintamos con cores naturais, a ver se para o próximo curso vemos aumentar a familia de paxariños.
- %count lecturas
SAÚDE E BOA ALIMENTACIÓN
Enviado por karinaromero o Xov, 01/06/2023 - 22:32Menudos expertos e expertas en vida saudable temos en 6º curso, fixeron un traballo arduo de investigación para informar a toda a comunidade educativa de cómo levar unha vida o máis saudable posible, botádelle un ollo aos traballiños que son moi interesantes.
Clicade nas imaxes para poder ver a información.
Noraboa aos alumnos e alumnas de 6º de primaria!!!
- %count lecturas
PRATOS SAUDABLES
Enviado por karinaromero o Mér, 31/05/2023 - 22:37No cole, xa todas e todos temos o prato saudable que nos agasallou GADIS por participar no seu programa de Hábitos saudables de alimentación "ALIMENTES".
Agora toca poñer en práctica todos os nosos coñecementos para ter unha VIDA MÁIS SAUDABLE!!
Como serán...
Sorpresa!!!
- %count lecturas
MINICHEFS SAUDABLES
Enviado por karinaromero o Mér, 31/05/2023 - 22:27Segunda xornada de cociña creativa e saudable, nesta ocasión os chefs foron o alumnado de 6º de infantil, que nos amenizou cuns pratos tan saudables coma creativos, vaia marabilla para os nosos padais!!!
- %count lecturas
OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN CREATIVA E SAUDABLE
Enviado por karinaromero o Dom, 28/05/2023 - 18:48No cole tivemos unha xornada de Alimentación saudable, onde nesta ocasión, o alumnado de 2º curso, puxeron o mandil e convertéronse en expertos cociñeiras e cociñeiros.
O seu menú consisitu en facer un roliño de vexetais con queixo de untar; o postre: marabillosas creacións con froitas e pinchos das mesmas, isto acompañado dun san e refrescante zume de laranxa recén exprimido.
Os chefs manipularon, probaron e experimentaron cos sabores destes alimentos tan saudables.
Aquí os resultados!!!!!
- %count lecturas
NOVOS COLECTORES SELECTIVOS
Enviado por karinaromero o Dom, 28/05/2023 - 18:29Grazas ao Concello por traernos estes colectores de recollida selectiva e así aportar o seu gran de area para conseguir reciclar o lixo no noso centro.
- %count lecturas
E CONTINÚA A COLLEITA
Enviado por karinaromero o Dom, 21/05/2023 - 18:19E tal como di o título CONTINÚA A COLLEITA, nesta ocasión os ananos de 6º de infantil recolleron as leitugas da súa horta, tenras, tenras e fresquísimas!!!
- %count lecturas
SAÍDA VERDE
Enviado por karinaromero o Mér, 10/05/2023 - 22:14O alumnado de 4º e 3º de primaria fixeron unha saída moi enriquecedora á FUNDACIÓN SALES de Vigo, o único xardín botánico da cidade, trátase dun Arboretum, é dicir, lugar onde hai diverdas especies de plantas e árbores de todos os recunchos do mundo.
Observamos nenúfares, bosques de bambús, especies nunca antes observadas e ata plantamos cadaquén a súa leituga que logo levamos aos nosos fogares, pero sobre todo, aprendemos cousas novas sobre o inmenso verde do noso planeta Terra.
Preme no "Play" para ver o video.
- %count lecturas
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »
