Blog de Voz Natura
OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN CREATIVA E SAUDABLE
Enviado por karinaromero o Dom, 28/05/2023 - 18:48No cole tivemos unha xornada de Alimentación saudable, onde nesta ocasión, o alumnado de 2º curso, puxeron o mandil e convertéronse en expertos cociñeiras e cociñeiros.
O seu menú consisitu en facer un roliño de vexetais con queixo de untar; o postre: marabillosas creacións con froitas e pinchos das mesmas, isto acompañado dun san e refrescante zume de laranxa recén exprimido.
Os chefs manipularon, probaron e experimentaron cos sabores destes alimentos tan saudables.
Aquí os resultados!!!!!
- %count lecturas
NOVOS COLECTORES SELECTIVOS
Enviado por karinaromero o Dom, 28/05/2023 - 18:29Grazas ao Concello por traernos estes colectores de recollida selectiva e así aportar o seu gran de area para conseguir reciclar o lixo no noso centro.
- %count lecturas
E CONTINÚA A COLLEITA
Enviado por karinaromero o Dom, 21/05/2023 - 18:19E tal como di o título CONTINÚA A COLLEITA, nesta ocasión os ananos de 6º de infantil recolleron as leitugas da súa horta, tenras, tenras e fresquísimas!!!
- %count lecturas
SAÍDA VERDE
Enviado por karinaromero o Mér, 10/05/2023 - 22:14O alumnado de 4º e 3º de primaria fixeron unha saída moi enriquecedora á FUNDACIÓN SALES de Vigo, o único xardín botánico da cidade, trátase dun Arboretum, é dicir, lugar onde hai diverdas especies de plantas e árbores de todos os recunchos do mundo.
Observamos nenúfares, bosques de bambús, especies nunca antes observadas e ata plantamos cadaquén a súa leituga que logo levamos aos nosos fogares, pero sobre todo, aprendemos cousas novas sobre o inmenso verde do noso planeta Terra.
Preme no "Play" para ver o video.
- %count lecturas
RECOLLEITA!!!!!
Enviado por karinaromero o Mér, 10/05/2023 - 21:29A nosa horta escolar está a pleno rendemento!!!! Xa temos as nosas primeiras recolleitas.
- %count lecturas
FAI CLIC AO TEU BOCATA
Enviado por karinaromero o Mar, 09/05/2023 - 14:18Dentro do PLAN PROXECTA e do programa ALIMÉNTATE BEN, tivemos unha actividade chamada "FAI CLIC AO TEU BOCATA", onde ademais de aprender cousiñas sobre alimetación saudable mediante divertidos xogos, tivemos a oportunidade de probar BOCATAS DE SABORES NOVOS!!!! bocata de sardiñas con tomate, de mexillóns con pemento e leituga...Experimentamos con novos sabores, todos eles deliciosos!!!!!
E para finalizar, tiveron todos un agasallo moi útil.
Grazas por todo!!!!!!
- %count lecturas
RAP DA ENSALADA
Enviado por karinaromero o Mér, 03/05/2023 - 18:21
E seguindo co proxecto de Aliméntate Ben, aquí temos un RAP, cantado polos alumnos e alumnas de 4º de primaria e así animar a tomar unha RICA E SAUDABLE ENSALADA!!!
Fai clic no enlace para escoitar a canción.
- %count lecturas
A IMPORTANCIA DAS ABELLAS
Enviado por karinaromero o Mér, 03/05/2023 - 16:57O alumnado de Educación Infantil e 1º ciclo de Primaria tiveron unha saída a Apípolis, onde aprenderon a importancia das abellas no coidado do noso planeta.
Xa logo, no noso cole, o alumnado de 2º de primaria investigaron máis en profundidade e quixo compartir os seus coñecementos co resto do cole con este mural informativo tan bonito e interesante.
E os pequechos e pequechas de 1º primeiro tamén aportaron o seu gran de area con esta colmea tan chula!!!
Seguimos cos ODS:
- %count lecturas
FLOCOS DE MILLO, ALIMÉNTATE BEN
Enviado por karinaromero o Lun, 17/04/2023 - 17:43Presentamos á cociñeira de saborosos flocos de millo, a mestra Lara!!! Ela, a través do programa "Aliméntate ben" ensinou cómo podemos preparar uns flocos de millo saudables, houbo quen ao ver o millo dixo:
Iso non son "palomitas"!!!!Pois sí, sí que son.
A importancia de coñecer de onde proveñen os produtos que consumimos, un dos obxectivos de "ALIMÉNTATE BEN"
Continuamos colaborando para conseguir os ODS:
- %count lecturas
ECO-RETO: CONCIENCIAMOS
Enviado por karinaromero o Lun, 10/04/2023 - 22:53Este mes de abril toca o ECO-RETO: CONCIENCIAMOS, no noso cole levamos varias xornadas traballando esta idea grazas aos compañeiros de REVITALIZA, que viñeron a lembrarnos a importancia de reciclar, de botar cada cousa no seu lugar e así poder conseguir un planeta máis limpo e saudable.
Tamén recordamos cómo usar o noso composteiro, que residuo orgánico se pode botar nel e cales son os bechiños que axudan a que se forme o compos que logo usaremos na nosa horta.
Foron unhas xornadas nas que participaron todas as aulas, con aprendizaxe e diversión, mezcla que fai que todo quede gravado nas nosas mentes para sempre.
- %count lecturas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »